Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes II (Natación) (optativa)
   Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Portafolios do alumno
Práctica de actividade física
Obradoiro
Descrición
- As variadas metodoloxías propostas, así como a documentación integrada no Campus Virtual da UDC, facilitará a todo o alumnado o estudo da materia; existindo a posibilidade de atención personalizada, nos horarios de titorías establecidos polo profesorado, ben de forma presencial ou ben a través de MS Teams.
- Para a realización de cada un das metodoloxías expostas organizaranse reunións de grupo para explicar con detalle o procedemento para seguir para a súa realización.
- Previa á realización do exame práctico poderase expor unha titoría práctica de carácter obrigatorio.
- O alumnado poderá solicitar que as titorías sexan de carácter práctico, aínda que estas deberían ser polo menos en grupo reducido.
- Utilizarase o correo electrónico e MS Teams como vía continua de comunicación entre profesor e alumnado, grazas tamén ao correo da plataforma Moodle.


Alumnado con matrícula a tempo parcial:
- Probas obxectivas: facilitarase o seu acceso nun período diferente no caso de non poder ser realizadas no previamente establecido.
- Prácticas de actividad física y taller: poderase solicitar a realización da práctica en horario de titoría do profesorado, no período establecido para a súa posible recuperación.




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes