Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes V (Muller, deporte e saúde)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A7 B15 C4 Elaboración do itinerario deportivo personal aplicando os conceptos de xénero que se facilitarán na aula.
Ditos conceptos aplicaranse tamén no marco teórico do traballo tutelado.
20
Traballos tutelados A7 A16 B11 C4 Presentación dun traballo que consistirá nun proxecto de actividade física. Poden escollerse as seguintes orientación antes do 4 de outubro de 2017:
Baixo a titorización de María José Mosquera
- Proxecto de coeducación no ámbito escolar.
- Proxecto de coeducación no ámbito extraescolar.
- Proxecto de novas masculinidades/feminidades
Baixo a titorización de María del Castillo
- Actividade física en relación coa maternidade: embarazo.
- Actividade física en relación coa maternidade:posparto.
- Actividade física e climaterio.
Baixo a titorización de Cristina López
- Actividade física e chan pelviano.
- Actividade física e mulleres en risco de exclusión social.
- Actividade física e patoloxías: cancro, fibromialxia...
60
Presentación oral A16 Durante o curso daranse indicacións para unha correcta presentación oral do traballo. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesións presenciais da materia é obrigatoria, é preciso ter un 70% de asistencia con cada unha das profesoras.

A nota final será a suma das tres partes na súa porcentaxe correspondente. Na segunda oportunidade (xullo) gardarase a nota das partes superadas. Para os cursos sucesivos non se gardará ningunha nota.

O alumnado que non cumpla co mínimo de asistencia terá que realizar os traballos que forman parte da avaliación e presentarse a un exame final escrito, no que o aprobado está por riba dos 7 puntos. Neste exame as porcentaxes repártense entre os contidos da materia cun 60% aos impartidos por Cristina López, un 20% para María José Mosquera e outro 20% para María Castillo.

- Avaliación alumnado tempo parcial: a avaliación será a mesma que para os de tempo completo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes