Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Competencias / Resultados do título


Tipo A Código Competencias / Resultados do título - Específicas
  A1 Aptitude para aplicar os procedementos gráficos á representación de espazos e obxectos (T)
  A2 Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T)
  A3 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos sistemas de representación espacial.
  A4 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da análise e teoría da forma e as leis da percepción visual.
  A5 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da xeometría métrica e proxectiva.
  A6 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das técnicas de levantamento gráfico en todas as súas fases, dende o debuxo de apuntes á restitución científica.
  A7 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da mecánica xeral, a estática, a xeometría de masas e os campos vectoriais e tensoriais.
  A8 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da termodinámica, acústica e óptica.
  A9 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da mecánica de fluídos, hidráulica, electricidade e electromagnetismo.
  A10 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das bases de topografía, hipsometría e cartografía e as técnicas de modificación do terreo.
  A11 Coñecemento aplicado do cálculo numérico, a xeometría analítica e diferencial e os métodos alxébricos.
  A12 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar estruturas de edificación. (T)
  A13 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar sistemas de división interior, carpintería, escaleiras e demais obra rematada. (T)
  A14 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar sistemas de cerramento, cuberta e demais obra grosa. (T)
  A15 Aptitude para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de cimentación. (T)
  A16 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar instalacións de subministración, tratamento e evacuación de augas, de calefacción e de climatización. (T)
  A17 Aptitude para aplicar as normas técnicas e construtivas.
  A18 Aptitude para conservar as estruturas de edificación, a cimentación e obra civil
  A19 Aptitude para conservar a obra rematada
  A20 Aptitude para valorar as obras.
  A21 Capacidade para conservar a obra grosa.
  A22 Capacidade para proxectar instalacións edificatorias e urbanas de transformación e subministración eléctricas, de comunicación audiovisual, de acondicionamento acústico e de iluminación artificial.
  A23 Capacidade para conservar instalacións.
  A24 Coñecemento axeitado da mecánica de sólidos, de medios continuos e do solo, así como das calidades plásticas, elásticas e de resistencia dos materiais de obra pesada.
  A25 Coñecemento axeitado dos sistemas construtivos convencionais e a súa patoloxía.
  A26 Coñecemento axeitado das características físicas e químicas, os procedementos de produción, a patoloxía e o uso dos materiais de construción.
  A27 Coñecemento axeitado dos sistemas construtivos industrializados.
  A28 Coñecemento da deontoloxía, a organización colexial, a estrutura profesional e a responsabilidade civil.
  A29 Coñecemento dos procedementos administrativos e de xestión e tramitación profesional.
  A30 Coñecemento da organización de oficinas profesionais.
  A31 Coñecemento dos métodos de medición, valoración e peritaxe.
  A32 Coñecemento do proxecto de seguridade e hixiene en obra.
  A33 Coñecemento da dirección e xestión inmobiliarias.
  A34 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T)
  A35 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos urbanos. (T)
  A36 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de dirección de obras. (T)
  A37 Capacidade para elaborar programas funcionais de edificios e espazos urbanos. (T)
  A38 Capacidade para intervir en e conservar, restaurar e rehabilitar o patrimonio construído. (T)
  A39 Aptitude para suprimir barreiras arquitectónicas. (T)
  A40 Capacidade para exercer a crítica arquitectónica.
  A41 Aptitude para resolver o acondicionamento ambiental pasivo, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural. (T)
  A42 Aptitude para catalogar o patrimonio edificado e urbano e planificar a súa protección. (T)
  A43 Capacidade para realizar proxectos de seguridade, evacuación e protección en inmobles. (T)
  A44 Capacidade para redactar proxectos de obra civil. (T)
  A45 Capacidade para deseñar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización, xardinería e paisaxe. (T)
  A46 Capacidade para aplicar normas e ordenanzas urbanísticas.
  A47 Capacidade para elaborar estudos medioambientais, paisaxísticos e de corrección de impactos ambientais. (T)
  A48 Coñecemento axeitado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos arquitectónicos.
  A49 Coñecemento axeitado da historia xeral da arquitectura.
  A50 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo dos procesos de simbolización, as funcións prácticas e a ergonomía.
  A51 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda.
  A52 Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais.
  A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
  A54 Coñecemento axeitado da estética e a teoría e historia das belas artes e as artes aplicadas.
  A55 Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto.
  A56 Coñecemento axeitado das bases da arquitectura vernácula.
  A57 Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas.
  A58 Coñecemento axeitado dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano e a ordenación territorial e metropolitana.
  A59 Coñecemento dos mecanismos de redacción e xestión dos planos urbanísticos a calquera escala.
  A60 Coñecemento da regulamentación civil, administrativa, urbanística, da edificación e da industria relativa ao desempeño profesional.
  A61 Coñecemento do análisis de viabilidade e a supervisión e coordinación de proxectos integrais.
  A62 Coñecemento da tasación de bens inmobles.
  A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
  A64 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Expresión Gráfica Arquitectónica no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
  A65 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Matemáticas no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
  A66 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Física no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
  A67 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Proxectos no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
  A68 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Composición no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
  A69 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Urbanismo no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
  A70 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Construción no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
  A71 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Instalacións no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
  A72 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Estruturas no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
Tipo B Código Competencias / Resultados do título - Básicas / Xerais
  B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
  B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
  B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
  B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
  B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
  B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
  B7 Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica
  B8 Coñecer o urbanismo e as técnicas aplicadas no proceso de planificación
  B9 Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes
  B10 Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible
  B11 Coñecer as industrias, organizacións, normativas e procedementos para plasmar os proxectos en edificios e para integrar os planos na planificación
  B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
Tipo C Código Competencias / Resultados do título - Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes