Guia docenteCurso
Escuela Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
 Asignaturas
  Acciones y Estrategias sobre la Arquitectura Moderna
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Acciones y Estrategias sobre la Arquitectura Moderna Código 630467103
Titulación
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
Máster Oficial 2º cuatrimestre
Primero Optativa 3
Idioma
Castellano
Gallego
Modalidad docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Composición
Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Coordinador/a
Agrasar Quiroga, Fernando
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
Profesorado
Agrasar Quiroga, Fernando
Paz Agras, Mari Luz
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
luz.paz.agras@udc.es
Web http://www.udc.es/dep/com/
Descripción general O necesario soporte do proxecto, acto último en que se resolve o quefacer do arquitecto, debe acharse na teoría da arquitectura, de modo que o proxecto, en tanto que actitude propositiva, debe apoiarse para ser válido sobre a base duns principios, duns puntos de partida, que incidan, non só sobre os obxectivos concretos de cada caso, senón tamén na reflexión total sobre a Arquitectura. Quen "fai" Arquitectura está obrigatoriamente suxeito aos parámetros da Historia, mais só pode organizar as súas respostas (proxectos) desde a súa propia memoria autobiográfica, a única que no fondo lle permite interpretar a realidade. Só a través do propio coñecemento, da maduración que no seu interior atinxe o conxunto das experiencias vividas, é posible que o arquitecto atinxa a necesaria capacidade de "expresión". E de aquí xorde unha reflexión inmediata: o recoñecemento de que, aínda que é necesaria unha teoría previa a todo acto de proxecto, non existe unha única teoría da Arquitectura, e que estas, as teorías da Arquitectura, son inevitablemente plurais. Teñen que ver, en primeiro lugar, cos cambios históricos, xa que cada período histórico formulou a súa teoría, concentrada nun modo global de entender a Arquitectura (iso que hoxe recoñecemos como os estilos históricos). Mais tamén e dentro de cada período histórico, moitos arquitectos ou teóricos nalgún momento da arquitectura, sentiron a necesidade de expresar a súa propia visión, en correspondencia coa súa época, aínda que con matices da súa propia voz. Son os: Vitrubio, Alberti, Filarete, Giorgio Martini, Leonardo, Paccioli, Sangallo, Serlio, Cataneo, Vignola, Barbaro, Palladio, Vasari, Scamozzi, Guarini, Delorme, Le Muet, Blondel, Perrault, Laugier, Boullée, Ledoux, Fischer von Erlach, Wimckelmann, Goethe, Vittone, Algarotti, Piranesi, Milizia, Leroy, Sagredo, Alonso Vandelvira, Herrera, Villalpando, Caramuel, Villanueva, Tomás, Moro, I. Jones, F. Bacon, Wren, Vanbrugh, Hawksmoor, Adam, Durand, Rondelet, Quatremere de Quincy, Viollet-Le Duc, Choisy, Guadet, Gilly, Schinkel, Hegel, Von Klenze, Semper, Sitte, Wagner, Pugin, Ruskin, Morris, Scott, Jefferson, Greenough, Emerson, Thoureau, Sullivan, Adler, Root, Wright, Loos, Muthesius, Poelzig, B. Taut, Berlage, Van Doesburg, Haring, Gropius, Meyer, Smihtd, Mies, Tessenow, Tony Garnier, Le Corbusier, Malevich, El Lissitzky, Guinzbourg, Saarinen, Neutra, Kahn, Aalto... Citaremos só os emerxentes, aqueles dos cales a historiografía se ocupou con máis atención, e interrompendo a listaxe.... para non a facer interminable cos nomes dos máis recentes. Certamente referirse a todos eles non tería sentido fóra dun curso especificamente dirixido a unha "Historia das Teorías da Arquitectura". Aquí interésanos outra orientación: aquela especialmente centrada en analizar, como antes se apuntaba, a correspondencia entre a teoría e o proxecto. E para poder facelo, se ben desde un punto de vista teórico calquera elección sería válida, desde razóns de orde práctica deben impoñerse unhas determinadas angulacións que nos permitan acoutar tan vasto panorama, desde logo fose do alcance que un só curso académico posibilita. É, neste sentido, a opción que neste caso se propón, que vén determinada por dúas eleccións previas: a) Contemporaneidade. Xa que parece máis doado dialogar sobre algo que coincide con certo presente, pois os datos "contextuais" son coñecidos ou cando menos familiares. b) Valoración da técnica. Das plurais visións da arquitectura, eliximos aquelas que teñen o seu fundamento último nunha especial atención á incidencia que a técnica ten na significación da arquitectura. Unha breve xustificación diso: calquera interpretación do pasado ten como obxectivo básico resolver problemas do presente, e esa determinada interpretación do pasado ten moito que ver tamén cos "efectos dos coñecementos do pasado que xorden no presente" (A. Shaff). ....) E se hai algunha dúbida da omnipresencia da técnica no noso mundo actual? Deterse sobre esta cuestión non é, por tanto, só un obxecto de razón teórica senón tamén de razón práctica, por canto o exercicio proxectual inmediato dos estudantes de hoxe, estará inevitablemente marcado por aquela "omnipresencia da técnica" sobre a que é necesario reflexionar co fin de responder coa propia "elección de valores". O anterior implica necesariamente fixar a atención nuns arquitectos e non noutros, deixando claro que iso non supón máis valoración que a utilidade que comporta, en relación a co fin que neste curso se propón.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes