Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
 Asignaturas
  Técnicas de Levantamento Gráfico
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nela expóñense as bases do coñecemento teórico da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases os alumnos teñen unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de debuxos na lousa ou proxeccións en pantalla, tomando apuntamentos, formulando preguntas sobre os temas expostos e analizando as fontes bibliográficas facilitadas.

Ten por obxecto desenvolver os temas, proporcionando tanto os conceptos coma as ferramentas necesarias para a súa comprensión dende unha perspectiva na que a arquitectura e o patrimonio se encontra sempre presente.

É a base imprescindible para a realización do traballo tutelado e a súa posterior aplicación real e practico no desenvolvemento de proxectos arquitectónicos de rehabilitación.
Prácticas a través de TIC Trátase de prácticas gráficas nas que se utilizarán aplicacións informáticas de debuxo asistido por ordenador (CAD), de tratamento de imaxes e de captura de datos, relacionadas co levantamento gráfico de arquitecturas do patrimonio construído. Serán a base para a súa posterior utilización nos traballos tutelados.
Seminario Neles expóñense casos prácticos reais, realizados por profesionais no ámbito do levantamento arquitectónico. Nestes seminarios os alumnos teñen unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de proxeccións en pantalla, tomando apuntamentos, formulando preguntas sobre as experiencias expostas.
Traballos tutelados Aqueles nos que o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder, aplicar e experimentar os conceptos, técnicas e coñecementos desenvolvidos nas sesións maxistrais.

Os traballos formúlanse cunha parte con sesións de atención persoal e outras de traballo persoal. Nuns casos tratásese de traballos a realizar individualmente e noutros en grupo.

Elíxense para o seu desenvolvemento arquitecturas do patrimonio construído de escala, dimensións e características axeitados, co obxecto de que o alumno vaia aplicando os conceptos e técnicas expostas no temario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes