Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Arquitectura
 Asignaturas
  Crítica Arquitectónica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Presentación razoada dos traballos críticos preparados no obradoiro, aberta ás observacións dos demais alumnos e do profesorado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, conferencias, etc), organizados pola ETSAC, DPAUC, etc, indicados polo profesorado da materia, como parte dos contidos docentes do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuáis referentes á asignatura.
Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso, no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso DPAUC" (Paneis, maquetas, debuxos, videos, textos, performances, ...)
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes