Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos Avanzados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A6 A7 A8 A9 A10 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe - tanto autónomo coma colaborativo - dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos, profesionais e competitivos). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe. 50
Portafolios do alumno B5 B7 C1 C3 C8 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
50
 
Observacións avaliación
Os exercicios a realizar na asignatura provirán, principalmente de dúas fontes:

1ª - Concursos de arquitectura. Convocados por administracións públicas ou organismos privados, nacionais ou internacionais. Os alumnos, organizados en grupos, analizarán a conveniencia e posibilidades de presentar propostas a estas convocatorias, baixo tutélaa do profesorado. A incorporación do alumno a un equipo no que asumirá un rol especializado, no que as condicionantes administrativas, de prazos e orzamentos son determinantes, situarán ao alumno e ao seu equipo nun entorno real e competitivo, que lles permitirá conectar coa realidade profesional nun amplo espectro de actividade.

2ª - Propostas de intervención. Os alumnos, organizados en equipos, poderán propoñer, ademais, intervencións sobre demandas e contornas reais, que aporten solucións a espazos e disfuncións urbanas detectadas nas análises das actividades iniciais do curso.

A avaliación terá en conta os resultados alcanzados na elaboración e posible tramitación das propostas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes