Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
 Asignaturas
  A Formalización das Estruturas Urbanas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) A Formalización das Estruturas Urbanas Código 630541001
Titulación
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Galego
Portugués
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Lopez Gonzalez, Candido
Correo electrónico
candido.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Gonzalez, Candido
Correo electrónico
candido.lopez@udc.es
Web http://www.universidadesemfronteiras.eu/educative-offer/3
Descrición xeral O corpo docente da materia do Máster está integrado por profesorado da UDC e da UTAD. As linguas nas que se imparte son o español, galego e portugués. A presente materia proponse profundar no fenómeno urbano a través dos elementos que o compoñen, nun continuo feedback entre o estudo singularizado de cada un e a súa lectura agregada. Tamén se pretende, entre os diversos sistemas ou redes urbanas, propiciar a comprensión das dúas que xogan un papel relevante na estrutura das cidades: a rede viaria e o sistema de espazos libres e zonas verdes. Así mesmo afróntase a valoración da herdanza cultural presente nas cidades como un patrimonio que ha de ser interpretado e salvagardado. Abórdanse as análises morfolóxicas urbanas e das formas estruturais básicas nas diferentes escalas da cidade: megalópolis, grandes cidades, cidades intermedias e pequenas cidades. A análise forma parte do proxecto cunha capacidade de transformación do territorio, ao valorar as formas territoriais como realidade e potencialidade. A realización de aproximacións instrumentais foméntase mediante o manexo de modelos de planificación e ordenación sostibles, aplicables nas diversas estratexias de deseño urbano.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes