Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
 Asignaturas
  A Formalización das Estruturas Urbanas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario O profesorado presenta un tema ao alumnado co obxectivo de facilitar un conxunto de información con alcance concreto.
Actividade formativa dirixida: metodoloxía e actividade de ensino-aprendizaxe presencial na aula liderada polo profesor ou a profesora e que se desenvolven en grupo. Responde a unha programación horaria determinada que require a dirección presencial dun docente. Para facilitar a asistencia de todo o alumnado, tendo en conta a natureza internacional do master, contémplase a retransmisión en directo (por conexión á videoconferencia) da devandita actividade, así como o visionado en diferido da mesma a través da plataforma virtual.
Obradoiro O profesorado da materia expón ao alumnado un problema ou problemas de carácter práctico cuxa resolución require a comprensión e aplicación dos contidos teórico-prácticos incluídos nos contidos da materia. O alumnado pode traballar a solución aos problemas expostos de forma individual ou en grupos.
Actividade formativa dirixida: metodoloxía e actividade de ensino-aprendizaxe presencial na aula liderada polo profesor ou a profesora e que se desenvolven en grupo. Responde a unha programación horaria determinada que require a dirección presencial dun docente. Para facilitar a asistencia de todo o alumnado, tendo en conta a natureza internacional do master, contémplase a retransmisión en directo (por conexión á videoconferencia) da devandita actividade, así como o visionado en diferido da mesma a través da plataforma virtual.
Traballos tutelados Exponse ao alumnado proxectos prácticos cuxo alcance require que se lle dedique unha parte importante da dedicación total do alumno á materia. Ademais, polo alcance dos traballos para realizar, requírese que o alumnado aplique competencias de xestión ademais de competencias de índole técnica.
Actividade formativa supervisada: metodoloxía e actividade de ensino-aprendizaxe que, aínda que se pode desenvolver de forma autónoma dentro ou fose da aula, require a supervisión e seguimento dun ou unha docente. Seguindo a metodoloxía blended-learning a supervisión e o seguimento por parte do docente realizarase preferentemente de forma asíncrona, a través da plataforma virtual ou de correo electrónico.
Lecturas Actividade formativa de aprendizaxe autónoma: metodoloxía e actividade de ensino-aprendizaxe que se desenvolve de forma autónoma por parte do alumnado e non require supervisión por parte do persoal docente.
Análise de fontes documentais Actividade formativa de aprendizaxe autónoma: metodoloxía e actividade de ensino-aprendizaxe que se desenvolve de forma autónoma por parte do alumnado e non require supervisión por parte do persoal docente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes