Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
 Asignaturas
  Tecnoloxías IoT e de Comunicacións para a Creación de Cidades Intelixentes
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 B8 B2 B3 C2 Entregas de informes de prácticas. 20
Traballos tutelados A7 A8 B2 B3 Realización dun traballo titorizado no ámbito da sensorización para Cidades Intelixentes 40
Proba mixta B8 B2 B3 Exame de avaliación dos contidos teóricos e prácticos impartidos durante a asignatura. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

As prácticas consistirán en exemplos de aplicación da teoría vista nos seminarios. A súa valoración farase de xeito continuado, ó remate dos prazos indicados. 

A proba obxectiva dividirase nunha parte orientada a valorar o nivel de asimilación dos resultados das prácticas e noutra a valorar o nivel de coñecementos xerais adquiridos na materia.

Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega das mesmas.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS

Os alumnos terán a opción de conservar as notas de prácticas e/ou traballos tutelados obtidas durante o curso académico e terán que realizar unha proba mixta, establecéndose a nota nas mesmas porcentaxes aplicadas na primeira oportunidade. O resto do alumnado (incluído o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) terá que realizar unha proba mixta (60% da nota) e entregar un traballo tutelado (40% da nota). 

 

 

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores.

No caso de detección de plaxio durante algunha das entregas, cualificarse ao alumno/a cun suspenso (0) e comunicarase a situación á dirección do máster e ás autoridades universitarias correspondentes de cara a tomar as medidas oportunas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes