Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
 Asignaturas
  Análise e Teoría da Intervención no Patrimonio
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Estudo de casos Como complemento das sesións maxistrais e co obxeto de promover o aprendizaxe autónomo dos estudiantes desenrolaranse en paralelo clases prácticas. Nelas o alumnado enfrentarse á resolución de casos concretos nos que poñer en práctica os contidos explicados nas clases maxistrais e que, ao mesmo tempo, sirvan de referente aos temas obxecto de estudio nos traballos tutelados asignados.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, conferencias, etc), organizados pola ETSAC, DPAUC, etc, indicados polo profesorado da materia, como parte dos contidos docentes do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuáis referentes á asignatura.
Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso, no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso DPAUC" (Paneis, maquetas, debuxos, videos, textos, performances, ...)
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes