Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
 Asignaturas
  Inspección dos Sistemas Construtivos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Utilizarase o método inductivo, polo que a partir do estudo de casos concretos lograrase establecer pautas de diagnóstico mais acertadas.
Sesión maxistral Na aula do Máster exporanse os conceptos fundamentais da materia, con apoio de imaxes, esquemas e fichas. Esta información completarase coa lectura dunha bibliografía recomendada.
Traballos tutelados Elaboración por parte do alumno dun traballo a nivel profesional ou de investigación.
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor, en esceraios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitue unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo súa propia aprendizaxe por parte do profesor-tutor.
O traballo tutelado versará sobre os contidos directos da meateria ou que resulten afíns a xuicio do profesor. O traballo poderá plantexarse como traballo único e independente ou, preferiblemente, poderá formar parte do Traballo Fin de Mestrado, como ocorre no resto das materias da Área de Construción.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes