Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
 Asignaturas
  Avaliación e Recalzo de Cimentacións
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O desenvolvemento da materia estrutúrase ao redor de sesións de teoría, aínda que cunha importante compoñente de prácticas realizadas polo alumno/profesor, ademais das correspondentes tutorías e traballos. A docencia englobará tamén a análise de casos prácticos xa realizados, que permitan complementar os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Solución de problemas O curso compleméntase coa elaboración por parte do alumno dun proxecto de reforzo, que permite concretar as posibilidades de actuación e que supoña a adquisición das correspondentes habilidades. Esta práctica, á que se fará un seguimento continuo ao longo do curso, será a base para a cualificación da materia.
Iranse realizando partes deste traballo de forma semanal, normalmente con entregas tamén semanais, que pasarán a ser parte da práctica global de curso.
Traballos tutelados Realización dun proxecto de reforzo que resume as prácticas elaboradas ao longo do curso
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes