Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
 Asignaturas
  Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Madeira
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Madeira Código 630548020
Titulación
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
Vazquez Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.vazquez@udc.es
Profesorado
Otero Chans, M. Dolores
Vazquez Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
dolores.otero.chans@udc.es
jose.vazquez@udc.es
Web http://http://investigacion.udc.es/gl/Research/Details/G000399
Descrición xeral A madeira é un dos materiais máis antigos que se utilizaron en construción e a súa aplicación foi intensa como estrutura, cerramento exterior e interior, como carpintería de armar, mobiliario, etc. A rehabilitación do patrimonio arquitectónico e a súa conservación, require a presenza dun profesional profundamente coñecedor dos aspectos diferenciadores da madeira como material estrutural fronte a outros materiais clásicos. O incorrecto deseño de estruturas de madeira en canto á disposición de elementos de protección #ante axentes agresivos foi un dos puntos crave na durabilidade do material e na aparición de numerosas patoloxías na arquitectura construída. Preténdese ao longo do desenvolvemento desta materia que o alumno comprenda a causalidade dos danos nas estruturas de madeira, sistematizando conceptos para conseguir a realización das tarefas de inspección e diagnostico, ao amparo das técnicas dispoñibles, avaliando a capacidade resistente da estrutura e que finalmente adquira as habilidades necesarias para desenvolver unha adecuada proposta de intervención. Os coñecementos adquiridos polo alumno ao cursar esta materia pretenden: .- Comprender os factores condicionantes do deseño construtivo e a súa relación coa presenza de patoloxías nas construcións. .- Avaliar as tecnoloxías da madeira aplicables na rehabilitación do patrimonio construído. .- Analizar as posibilidades de realizar unha adecuada intervención en distintos campos de aplicación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes