Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Architecture
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
 Subjects
  Advanced Structural Repair and Reinforcement Systems
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A5 A7 A8 B1 B5 C2 C4 C5 C12 C13 C14 C15 A asistencia ás clases teóricas considérase obrigatoria, polo que un seguimento non xustificado inferior ao 80% pode repercutir negativamente na nota final da materia. 0
Case study A5 A7 A8 B1 B2 B3 B5 C1 C4 C5 C6 C7 C8 C11 C12 C13 O estudo de caso forma parte das metodoloxías empregadas durante as sesións expositivas da materia. A asistencia a estas sesións considérase obrigatoria, polo que un seguimento non xustificado inferior ao 80% pode repercutir negativamente na nota final da materia. 0
Supervised projects A5 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 Para a avaliación da materia será requisito imprescindible o seguimento continuo da docencia expositiva e das actividades desenvolvidas durante a mesma.
A avaliación do traballo tutelado realizado polo alumnado, xunto coa súa exposición pública, se é o caso, constituirá a cualificación global da materia.
90
Oral presentation A5 A7 A8 B1 B4 C2 C3 C9 C10 Os traballos elaborados polo alumnado poderán ser presentados ao resto do alumnado e ao profesorado, de acordo coas datas de entrega e exposición previstas. 10
 
Assessment comments

A avaliación, como sistema de recollida de información
destinada a emitir xuízos de valor (e, no seu caso, de mérito) sobre o proceso
de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha implicación constante
do alumnado. Con esta premisa, enténdese como fundamental a asistencia e
participación do alumnado, polo que unha ausencia inxustificada e reiterativa
pode repercutir desfavorablemente na nota obtida no curso, en proporción
similar á falta de participación ou a unha actitude negativa.

As condicións para superar a materia son as mesmas na
primeira e na segunda oportunidade da materia. En ambos os casos, a asistencia
ás sesións sincrónicas considérase obrigatoria, debendo alcanzar, salvo casos
xustificados, polo menos o 80%.

A cualificación final dependerá da avaliación obtida nos
traballos tutelados propostos e da súa exposición, se é o caso, ante o conxunto
da clase.

De conformidade co artigo 14 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN
E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO
da UDC, se se detecta a comisión de fraude nos traballos entregados, o alumno
suspenderá a convocatoria da materia (ambas oportunidades) cunha valoración de
0.

Establécense idénticos requisitos de asistencia e
desenvolvemento do traballo tutelado para os estudantes de primeira matrícula e
de continuación de estudos, independentemente da súa dedicación a tempo
completo ou parcial. De conformidade co apartado 5 do artigo 7 da NORMA QUE REGULA
O RÉXIME DE DEDICACIÓN AOS ESTUDOS E A PERMANENCIA E PROGRESO DOS ESTUDANTES DE
GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, non se considera nesta
materia a posibilidade de dispensa académica que exime o alumnado da asistencia
a clase.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes