Criterios a aplicar a alumnos cunha asistencia superior ao 80%
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia:
No caso destes alumnos, deberán realizar as prácticas parciais que computarán un 30% e tamén a práctica global que computará un 70%. Se efecturará seguimento do traballo co fin de ver a evolución do mesmo e a confirmación da súa autoría por parte do alumno.
As prácticas semanais non se poden entregar fóra de prazo. A práctica global pode achegarse antes da 2ª oportunidade se se pretende acudir á devandita convocatoria, sempre que houbese un seguimento da mesma ao longo do curso. Isto é aplicable á convocatoria adiantada.
A non entrega da práctica global implica cualificación de non presentado.
Independentemente do sinalado legalmente sobre posibles fraudes de tipo docente, serán considerados como faltas disciplinarias graves e, en consecuencia, a automática cualificación de SUSPENSO (0) calquera das situacións seguintes:
-Suplantación de identidade dun compañeiro en controis de asistencia ou en actividades -esta falta esténdese tanto ao alumno suplantador como ao suplantado-.
-Realización fraudulenta de prácticas e controis por persoa distinta ao alumno asinante.
-Copia de prácticas.
-Copia de exames.
-Situacións equivalentes
-Plaxio