Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura
 Asignaturas
  Introdución á Arquitectura
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións maxistrais. Clases teóricas e exposicións orais complementadas có uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir ó estudante as bases fundamentais dos coñecementos e facilitar a súa aprendizaxe.
Discusión dirixida Discusións dirixidas. Exposicións orais, con uso de medios audiovisuais, complementadas por debates activos con participación dos estudantes, para potenciar a transmisión dos coñecementos expostos polos profesores nas sesións maxistrais e facilitar a aprendizaxe dos alumnos. Nelas os estudantes deberán interactuar có profesorado, non só plantexando dúbidas ou cuestións senón debatindo activamente. Fomentarase a adquisición de coñecementeo de modod autónomo a través da utilización de novas tecnoloxías para a realización de buscas dirixidas.
Saídas de campo Saídas de campo mas que se realizarán visitas guiadas polos profesores a obras de arquitectura e a cidades de Galicia vincularas ó temario.
Traballos tutelados Como complemento das discusións dirixidas e có obxectivo de promover a aprendizaxe autónoma e grupal dos estudantes, desenvolveranse continuadamente traballos prácticos de tipo analítico e/ou gráfico en diversos formatos baixo a tutela dos profesores, tanto en grupos reducidos como en titorías individualizadas que atendan ás consultas puntuais de forma personal. Todo baixo o soporte dun Entorno Virtual Docente [ENVIDO] que facilitará o contacto e o seguemetno do estudante.
Proba obxectiva Cunha duración máxima de dúas horas, proporánse cuestións sobre o temario para ser respostadas en papel tanto de forma escrita como gráfica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes