Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro O Obradoiro é a modalidade formativa básica da asignatura Proxectos 3. Está orientado á aplicación de aprendizaxes nos que se poden combinar diversas metodoloxías (prácticas individuais e/o en grupo, exposición dos traballos e prácticas realizadas, debates y comentarios, así como docencia individualizada).
A través do Obradoiro, o alumno desenrolará os proxectos propostos, co apoio e supervisión do profesorado. O Obradoiro vaise desenvolver en pequenos grupos de alumnos.

Realizaranse exposicións orais complementarias para introducir os temas teóricos correspondentes a cada fase do exercicio en curso, que permitirán ao alumno enfrontarse coa materia y desenrolar os traballos e prácticas do Obradoiro.
Portafolios do alumno Constitúe a recopilación de datos que o alumno vai elaborando a partir das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntes vinculados aos lugares de traballo e ao desenrolo de a cada un dos exercicios propostos.
Proba obxectiva Desenrolo, en segunda oportunidade, na aula, dunha práctica que demostre de forma sintética as habilidades e competencias adquiridas polo alumno arredor dos temas e lugares tratados no desenrolo dos exercicios do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes