Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura
 Asignaturas
  Física 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B3 B4 B6 B8 B11 B12 B18 B28 B29 C1 C2 C3 C6 Exponse tres problemas ou casos prácticos baseados no temario e bibliografía, o alumno dará resposta numérica a cada un deles; tendo mesmo que representar
os resultados de forma gráfica. O computo sobre o total da materia será de seis puntos [6 ptos.]
O exame é individual, o incumprimento deste requisito levará a expulsión e a aplicación da normativa vixente. Os teléfonos móbiles acendidos no exame están terminantemente prohibidos.
Durante o desenvolvemento do cuestionario teórico non se permitirá material de ningún tipo, máis aló de bolígrafos, mentres que para a realización da parte práctica empregaranse formulario, calculadora e material de debuxo.
Cada exercicio contestarase e cualificará nun prego DIN A3. Cada exercicio entregarase independentemente, escrito con tinta indeleble e dobrado en A4. O resultado darase de forma que
resulta claramente visible, indicando o valor numérico coa precisión e unidades correspondentes. As partes non válidas deben ser claramente anuladas. Os
pregos de solucións así como a folla do enunciado levarán escrito o nome do alumno e o seu grupo para ser corrixidas.
60
Proba de resposta múltiple B2 B3 B4 B6 B7 B12 B18 C1 C2 C3 Valorarase a exactitude na contestación a dez preguntas sobre aspectos teórico prácticos con catro opcións,das cales unha ou más poden ser correctas. No eneunicado do exercicio expresaranse as condicons de respostas erroneas. Establécese un mínimo de 5 puntos nesta proba para superar o curso. O seu computo sobre o total da valoración da materia será de dous puntos [2ptos.] Non se permitirá material de ningún tipo, máis aló de bolígrafos. 20
Traballos tutelados A12 A23 A24 A27 A47 A49 A54 A55 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B18 B28 B29 Será necesario que o alumno expor e resolva de forma individualizada e personalizada polo menos 3 exercicios dos items descritos no apartado de contidos da materia, que o profesor establecerá en tempo e forma ao longo do curso xunto coa súa data límite de entrega.
Será necesarío que o alumno supere as probas de control individualizadas e planteacas polo profesor ao longos do curso académico, sen previo aviso da realización das mesmas. Estas probas de control poderán ser tanto teóricas como prácticas.
Será preciso obter un mínimo de 1 punto para presentarse a exame.
20
 
Observacións avaliación

Os criterios de corrección se adecuan aos derivados da realidade profesional. Como criterio xeral os erros conceptuais valoraranse en función da súa gravidade, podendo chegar a anular o exercicio. Tamén resulta relevante a comisión dun erro numérico, dado que o exercicio profesional busca resultados concretos. Neste aspecto sinálase que unha equivocación de signo significa un erro do 200%.

O aprobado fíxase nunha nota de cinco puntos sobre dez posibles. A publicación das notas realizarase dentro dos prazos legalmente establecidos. Na listaxe de notas figurará o día e a hora da revisión de exames que se realizará dentro dos prazos establecidos na Normativa Académica de Avaliacións, Cualificacións e Reclamacións.

Na convocatoria de xullo poderanse presentar a totalidade de alumnos matriculados na materia. O aprobado fíxase en cinco puntos sobre dez posibles de acordo coa seguinte desagregación:

proba resposta múltiple:2ptos

proba obxectiva:6ptos

traballos tutelados: 2ptos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes