Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura
 Asignaturas
  Análise Arquitectónico 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 A10 A13 A34 A35 A36 A38 A44 A45 A46 A47 B9 B14 C3 C6 Os contidos das sesións teóricas son fundamentais para coñecer as técnicas e obxectivos de análise que logo serán empregados no desenvolvemento do traballo. 20
Eventos científicos e/ou divulgativos A9 A44 A45 A46 C7 Para afondar no coñecemento de aspectos especializados, relacionados coa materia que poidan aportar novos datos sobre os aspectos xerais do curso. 3
Saídas de campo A42 A44 A45 A46 B1 B10 B17 C7 Procurase realizar viaxes de estudos que axuden ao coñecemento das obras obxecto de análise ou relacionadas. 2
Presentación oral B3 B7 B11 B17 B18 Sendo unha materia eminentemente práctica, as presentacións orais que os estudiantes realizan constitúen o mellor xeito de valorar o dominio dos coñecementos e técnicas que son o obxectivo da materia. 5
Proba mixta A4 A9 A10 A13 A34 A35 A36 A38 A42 A44 A45 A46 A47 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B17 B18 C3 C6 C7 Trátase dunha proba de contidos teórico-prácticos, na que os estudantes amosan o seu avance no coñecemento da metodoloxía da asiñatura. Faráse durante as horas de clase e presentaráse para avaliación ó remate da sesión. 5
Discusión dirixida A9 A35 A36 A42 B1 B3 B7 B17 B18 As discusións dirixidas poñerán en evidencia a solidez dos coñecementos do estudiante e dos mecanismos visuais de comunciación das súas ideas. 5
Obradoiro A4 A10 A13 A34 A35 A36 A38 A42 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B18 B19 C3 C6 O obradoiro é o ámbito de síntese da materia. Aqui se evidencian simultaneamente o desenvolvemento intelectual do estudiante, o coñecemento dos obxectivos do curso, o dominio da materia tratada e o dos recurso comunicativos propios do arquitecto. 60
 
Observacións avaliación

O alumno debe asistir as sesións maxistrais e presentar os traballos gráficos, maquetas e demais elementos propostos nos obradoiros co nivel exisido de calidade para superar a asignatura.


A asistencia e obrigatoria alo menos nun 80% das clases teóricas e prácticas, así como a os obradoiros compartidos. Sin ese requisito o alumno non poderá aprobar por curso a asignatura.

Para aprobar, o alumno dispoñerá de duas oportunidades: xuño e xullo. A primeira coincide coa data de entrega do último traballo, e capacitará ao alumno para aprobar por curso. O alumno que non supere esta primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá nunha proba práctica no mes de xullo.
A entrega menor do 80% das prácticas supoñerá que non se seguiu o curso, e implica unha calificación de "Non Presentado" nas dúas oportunidades de avaliación, por tanto o alumno terá que repetir a asignatura por completo. 
É imprescindible entregar as prácticas específicas da materia, incluídas as coordinadas no Obradoiro do cuarto cuadrimestre con Proxectos 4 e Urbanismo 1, para superar cada unha das materias que compoñen o Obradoiro conxunto. Éste terá un peso do 20% da cualificación final do alumno.

Os alumnos que non presenten -total ou parcialmente-, as prácticas exisidas no Obradoiro compartido serán calificados con un Non Presentado en todas as materias que componen ese Obradoiro.
Os alumnos que non superen a materia de Proxectos nas dúas oportunidades, deberán asistir a o Obradoiro compartido o ano seguinte. Nese caso, realizarán os traballos das materias que non superaran no Obradoiro do curso previo.

Os alumnos que tendo superada a materia de Proxectos, non superasen alguna das outras materias integradas no Obradoiro, terán que presentar en consecutivas convocatorias, novamente, e cas correccions oportunas, os traballos propostos no Obradoiro no que participaron.
Os alumnos matriculados con posterioridade a o inicio do curso académico deberán asistir as clases teóricas e prácticas dende a data da sua matrícula, coa posibilidade de recuperación das prácticas realizadas hasta esa data.

MOVILIDADE: A docencia a alumnos de programas de movilidade adaptarase a condicions pedagóxicas e de traballos tutelados especiais, así como as probas e exámenes de avaliación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes