Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 5
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A9 B3 B18 B23 Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva do curso serán avaliados mediante unha proba oxectiva. 20
Portafolios do alumno A1 A2 A4 A5 A7 A9 A10 B4 B6 B9 B12 B13 B14 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, dispoñible e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
80
 
Observacións avaliación
Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos:

1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados na materia.
2º Asistir regularmente a clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do 80%

Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias:

1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases e ao Taller.
2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller.
3º Non asista á proba obxectiva
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes