Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura
 Asignaturas
  Historia da Arquitectura 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A5 A9 A10 A16 A18 A34 A36 A41 A42 A43 A44 A45 A48 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B17 B18 B23 B24 B30 B31 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Realización satisfactoria dos traballos tutelados correspondendo a unha axeitada progresión ó longo do curso. 40
Proba obxectiva A1 A5 A9 A10 A16 A18 A34 A36 A41 A43 A44 A45 A48 B1 B3 B4 B6 B8 B9 B10 B11 B17 B18 B23 B24 B30 B31 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Configurada como:
1. Preguntas concretas sobre o conxunto das materias do programa.
2. Temas de reflexión e análise da arquitectura e o urbanismo nos distintos aspectos abordados no temario.
3. Análisis concretos individualizados ou comparativos de textos, obras ou fragmentos arquitectónicos e/ou urbanos, valorando a capacidade analítica da arquitectura nas súas diversas escalas e grados de profundidade.
60
 
Observacións avaliación

A avaliación do
curso configúrase como unha suma ponderada dos traballos tutelados e das probas
obxectivas.

Acudir e participar nas clases presenciais son necesarios para ser avaliado. O
traballo non-presencial é valorado a través de dous traballos tutelados cun peso
do 20% cada un deles na nota final.

A proba obxectiva constará
de tres partes cun peso do 20% cada unha na nota final. As primeiras dúas
partes pódense liberar durante o curso a través da realización de dúas probas
obxectivas parciais.

Cada unha das
partes que forman a cualificación (traballos tutelados e proba obxectiva) son valorados
de 0 a 10 puntos.

A nota final é a
media das cinco calificacións (dous de traballos tutelados e tres da proba obxectiva).

A superación da
asignatura debe atender ás seguintes condicións:

1. A puntuación
mínima en cada unha das cinco partes será de 3 puntos.

2. Alomenos nunha das tres
partes da proba obxectiva e nun dos dous traballos tutelados tense que obter unha
puntuación igual ou superior a 5 puntos.

  



Para ser avaliado
na primeira oportunidade (maio), o estudante debe satisfacer os seguintes
requisitos:

1. Asistir polo menos ó 80% das clases.

2. Entregarar os
dous traballos tutelados nas datas indicadas.

3. Realizar a proba
obxectiva, non deixando sen responder a ningunha das preguntas formuladas.

O incumprimento de
calquera dos dous primeiros puntos fará que o alumno obteña un "non presentado"
na convocatoria (oportunidades de maio e xullo).

Se o alumno non se presenta
á proba obxectiva na primeira oportunidade, cumprindo os outros requisitos, obterá
un "no presentado" en maio.

 

Na segunda oportunidade
(xullo) repetirase só a proba obxectiva, coas mesmas condicións que na primeira
oportunidade. Só podense presentar os alumnos que:

1. Ou ben cumpriron
os tres requisitos antes mencionados e non alcanzaron a puntuación suficiente
para aprobar.

2. Ou ben cumpriron
os dous primeiros, pero non se presentaron á proba obxectiva na primeira
oportunidade.

Aqueles
estudantes que se ncorporen co curso xa comenzaqdo terán que asistir a un mínimo dun 90% das clases presenciais
restantes dende a súa incorporación.

Aqueles
estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante
adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes