Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura
 Asignaturas
  Cimentacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 Asistencia 60
Traballos tutelados B2 B3 B4 B5 B7 Valoración del trabajo desarrollado 40
 
Observacións avaliación

A
avaliación, como sistema de recolleita de información orientada á
emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o proceso de
aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante
implicación do alumno. Con esta premisa, asistencia e participación
enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia injustificada e
reiterativa repercute desfavorablemente na cualificación obtida por
curso, en similar proporción que unha carencia de participación ou unha
actitude negativa. Nos criterios de corrección recóllense non só a
exactitude dos resultados, senón tamén a claridade da presentación, a
estructuración da análise efectuada, a utilización de unidades, a
correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminología
empregada.

O sistema de avaliación continua configúrase con probas mixtas, que se
realizarán durante o curso, e o traballo tutelado. As probas mixtas
representan o 60% da cualificación global e o 40% restante corresponde á
cualificación do traballo tutelado. Para poder superar a materia por
curso hai que obter unha cualificación mínima, considerando tanto as
probas mixtas como o traballo tutelado, de 5 sobre 10, esixíndose así
mesmo unha cualificación mínima de 3 sobre 5 no traballo tutelado. Para
poder realizar as probas mixtas intermedias será requisito ter unha
asistencia de polo menos do 80%.

Os alumnos que non superen a materia por curso volverán examinarse das
partes pendentes nas dúas oportunidades do mesmo curso. En ambos casos
conservarase a nota do traballo tutelado.

Para a segunda oportunidade non se contempla a posibilidade de mellora
dos traballos presentados debido á imposibilidad de garantir a autoría
do alumno. Polo tanto, o alumno que non entregue este traballo non
poderá computar este apartado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes