Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura
 Asignaturas
  Xeometrías complexas en Arquitectura
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B5 B9 B23 O traballo realizarase en grupos de 3 membros como máximo e será o grupo o que a principio de curso elixa a arquitectura emblemática, consensuado cos profesores. Ao longo do curso realizaranse tutorias de control do desenvolvemento do traballo. A entrega realizarase ao final do cuadrimestre. 25
Prácticas de laboratorio A6 A10 A13 B1 B8 B13 B24 C3 As Prácticas de Laboratorio realízanse de xeito individual no Laboratorio Informático da ETSA. Os alumnos que non consigan entregar na sesión de laboratorio correspondente, completarán practícaa con traballo autónomo e entregarana na sesión da boratorio da semana seguinte. 40
Presentación oral B30 C1 Presentación oral: Os alumnos en grupo de tres deberán expoñer o Traballo Tutelado inicial de análise e comprensión de arquitecturas emblemáticas.
Todos os membros do grupo deberán intervir.
Valórase a capacidade de síntese e precisión da exposición, a corrección oratoria, a calidade do material audiovisual de apoio achegado e o grao de afondamento e coñecemento do tema tratado.
Estes contidos incorpóranse ao corpo teórico da materia sendo susceptibles de incluírse nas probas obxectivas a realizar.
10
Proba obxectiva B2 B11 B12 B14 Realizásese unha proba escrita dunha hora de duración, ao final de curso sobre os contidos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais e nas exposicións dos distintos grupos sobre a práctica tutelada. 25
 
Observacións avaliación
Utilizarase o método de Avaliación Continua, o que supón que se controlará a asistencia a clase e que a cualificación se obterá fundamentalmente a partir da actitude e do traballo do estudante ao longo do cuadrimestrePrimeira oportunidade O alumno deberá asistir polo menos ao 80% das sesións maxistrais e tamén ao 80% das clases de prácticas de laboratorio. Deberá ter entregado todas as prácticas propostas e terse presentado á proba obxectiva.
Segunda oportunidade: Para presentase deberá ter cumprida o 80% da asistencia esixida e ter entregado o 80% das prácticas no seu momento. A segunda oportunidade poderá consistir nunha proba obxectiva e/ou a entrega dun traballo complementario. A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e traballos tutelados especiais, así como as probas e exámens de avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes