Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura
 Asignaturas
  Teoría da Composición e Patrimonio
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase ter cursado previamente todas as asignaturas de 1º, 2º, 3º e 4º e cursar simultáneamente todas as de 5º curso.

A bibliografía que se suxire estructúrase nun esquema de coñecementos semellante ó que se xunta:


1. Introducción ó curso

1.1. A tendencia da humanidade á conservación.

1.2. Os determinantes da historia da conservación-restauración.

1.3. A conservación-restauración, unha contribución á Historia da Arte e á Historia da Humanidade.

1.4. O estudio sobre a evolución histórica da conservación-restauración. Aspectos a ter en conta.

1.5. A bibliografía

1.6. Os períodos históricos. Breves reseñas.

1.6.1. Grecia e Roma (períodos clásicos)

1.6.2. Medievo

1.6.3. Renacemento

1.6.4. Barroco

2. O século XVIII. O persamento ilustrado: a sistematización da conservación e da restauración. O sentimento do Patrimonio Cultural Colectivo.

2.1. Sociedade e pensamento ilustrado.

2.2. Unha nova filosofía da arte como reacción ao Barroco en decadencia.

2.3. Arqueoloxía e coleccionismo.

2.4. As Academias e os Museos. O comezo da institucionalización e sistematización da conservación-restauración do Patrimonio.

2.5. A diagnose previa e os criterios e métodos a aplicar na conservación-restauración dos mobles artísticos. O texto de Pietro Edwards.

2.6. Os criterios de limpeza.

2.7. A protección estatal e xurídica dos Bens Culturais

3. Denis Diderot (1713-1784)

3.1. As súas primeiras obras e participación no proxecto enciclopedista.

3.2. As concepcións filosóficas de Diderot.

3.3. O proceso converxente das ciencias e das artes: unha reafirmación do materialismo.

3.4. O sobrino de Rameau: diálogo no café de la Régence de París.

4. As Cartas a Miranda, de Antoine Quatremère de Quincy

4.1. Introducción e notas da edición en castelán en Venezuela, 1998.

4.2. O discurso sobre os monumentos públicos, pronunciado no Consello do Departamento de París o 15 de decembro de 1791 por Armand Guy Kersaint.

4.3. As sete cartas. Aspectos máis significativos e singulares.

4.4. Petición de 16 de agosto de 1796 ao Directorio Revolucionario por parte de 50 artistas para apoiar as teses de Quatremère de Quincy

4.5. Idem de 30 de octubre de 1796 por parte de 37 artistas para apoiar a política de apropiación de obras de arte de Italia.

4.6. Outras cartas e informe sobre Miranda, por Quatremère de Quincy

4.7. O Xeneral Miranda, ¿un quixote sen loucura?

5. O XIX, século do sublime e o pintoresco das ruinas.

5.1. A revolución artística no contexto da revolución industrial.

5.2. O coleccionismo e a conservación-restauración.

5.3. Métodos, criterios e restauración arquitectónica.

5.3.1. Historicismo.

5.3.2. Restauración estilística.

5.3.3. Ruskin, o pintoresquismo e o valor da ruina.

5.3.4. A restauración científica. A escola italiana.

5.4. Criterios de intervención no XIX contrastados cos criterios actuais

6. A imaxe romántica de España.

6.1. O descubrimento de España. A viaxe pintoresca.

6.2. A interpretación romántica do costumbrismo.

6.3. A teoría da paisaxe na pintura española do século XIX.

6.4. Pedro Madrazo, historiador e crítico de arte.

6.5. A arquitectura española na época do romanticismo. problemas xerais.

6.5.1. A renovación da pedagoxía académica e a creación da Escola da Arquitectura.

6.5.2. O urbanismo das cidades españolas antes do Plan de Ensanches.

6.5.3. O urbanismo dos ensanches: as transformacións urbanas do século XIX. Madrid.

6.6. A Arte, entre Historia e Absoluto.

6.6.1. O descubrimento da Edade Media e de Oriente.

6.6.2. Canto máis poético, máis verdadeiro.

6.6.3. Imaxe estética e intelixencia intuitiva.

6.7. A superación do principio de imitación.

6.7.1. A arte como expresión.

6.7.2. O sublime e o marabilloso.

6.7.3. Alegoría e símbolo.

6.8. A polémica contra as reglas. O debate entre clásicos e románticos.

7. As raíces do Romanticismo: Isaiah Berlin.

7.1. A arte domina a vida. Moitos fenómenos de hoxe se ven profundamente afectados polo Romanticismo.

7.2. En busca dunha definición.

7.3. Primeiro ataque á Ilustración.

7.4. Efectos perdurables do Romanticismo.

7.5. A crenza apasionada na arte culta.

7.6. O Romanticismo, unha revolución permanente.

7.7. Gaspar David Friedrich e a linguaxe da paisaxe.

7.7.1. A edades do home.

7.7.2. La imaxe reproducida e a fotografía.

7.8. A Recuperación do Pasado e a Tradición Moderna.

7.8.1. O interese polo medieval, pola arte gótica. A nova modernidade.

7.8.2. Os movementos do revival.

8. O século XIX, período de grande importancia para o Patrimonio en Francia e Europa.

8.1. O movemento arqueolóxico en Francia e a Restauración Monumental.

8.2. Teoría da restauración de Eugène Viollet-le-Duc (1814-1879). A restauración estilística.

8.2.1. O plantexamento teórico.

8.2.2. O plantexamento metodolóxico e os catro puntos esenciais.

8.2.3. Jean-Baptiste Lassus (1807-1857) e a Catedral de Notre Dame de París. Unha colaboración singular.

8.3. Os chartieres de restauración de Viollec-le-Duc.

8.4. A restauración monumental na España do século XIX.

8.4.1. O marco administrativo e institucional.

8.4.2. A asimilación da doctrina francesa.

8.4.3. Reconstruccións, reparacións e restauracións.

9. A Escola Arqueolóxica de Roma e a Escola Inglesa da Conservación do Patrimonio Arquitectónico, dúas alternativas á Restauración Estilística.

9.1. Introducción.

9.2. A Escola Arqueolóxica en Roma. Rafael Stern (1774-1820) e Giuseppe Valadier (1762-1839)

9.2.1. Introducción.

9.2.2. No Forum Romanum Magnum.

9.2.3. No Arco de Tito.

9.2.4. No Coliseum. 

9.3. Conservación-restauración en Inglaterra. O contexto de Jhon Ruskin.

9.3.1. Introducción.

9.3.2. A Lámpada do recordo.

a. Extensión e cualificación do concepto de arte.

b. A arte como signo e símbolo da Historia.

c. A autenticidade do obxecto histórico.

9.3.3. A “conservación” estrita e escrupulosa.

a. Imposibilidade de restauración

b. Individualidade material e documental.

c. Mantemento do monumento e sinceridade de intervención.

d. Os tres momentos.

e. O valor de antiguidade.

f. A ruina e a desaparición inevitable do monumento.

9.3.4. Ruskin e Venecia.

10. Camilo Boito (1836-1914)

10.1. Un posicionamento entre as ideas de Ruskin e a necesidade de restaurar.

10.2. O Congreso de Enxeñeiros e Arquitectos Italianos de 1883. Os principios fundamentais da restauración.

10.3. 1886, o ensaio I nostri vechi monumenti. ¿Conservar ou restaurar?

10.4. Unha teoría filológica da conservación-restauración do patrimonio arquitectónico.

10.5. O restaurador: historiador e arquiveiro.

10.6. A Lei italiana de 12 de xuño de 1902.

10.7. A Conferencia Internacional de Atenas, 1937.

10.8. Intervención restrita e discriminación moderna dos engadidos.

10.9. Clasificación das restauracións e conflictos entre arte e historia.

11. Lucca Beltrami (1854-1933) e Alfredo D´Andrade (1839-1915). O Método Histórico. A restauración histórica.

11.1. Luca Beltrami

11.1.1. Os seus escritos

11.1.2. As súas intervencións

11.1.3. Os seus criterios metodolóxicos.

11.2. Alfredo D´Andrade

11.2.1. O Método Histórico e a súa comprensión positivista da Historia.

11.2.2. As súas intervencións.

11.2.3. Os seus criterios e metodoloxía.

12. Alois Riegl (1858-1905). Unha aportación singular e fundamental.

12.1. Unha contribución teórica e práctica na concepción do patrimonio europeo.

12.2. A lei para a reorganización da tutela dos monumentos públicos do imperio austrohúngaro.

12.2.1. Os valores rememorativos.

12.2.2. Os valores de contemporaneidade.

12.3. O peso semántico do monumento histórico.

13. As intervenciónes filolóxicas de Ricardo Velázquez Bosco (1843-1923)

13.1. O método histórico e Ricardo V. Bosco.

13.2. As súas intervencións.

13.3. Criterios e metodoloxía.

13.4. A restauración histórica correcta.

14. Gustavo Giovannoni (1873-1947)

14.1. Compendio da restauración científica. A Carta de Atenas de 1931 e a Carta Italiana do Restauro de 1932.

14.2. Os principios e posicionamentos restauradores.

14.3. A unidade e a harmonía da obra de arte como finalidade prevalente na restauración.

14.4. A consolidación do restauro científico.

15. A restauración na España do século XX.

15.1. Entre o debate e a acción restauradora.

15.2. A Escola Restauradora. Vicente Lampérez (1861?-1923)

15.3. A Escola Conservadora.

15.3.1. Leopoldo Torres Balbás (1888-1960)

15.3.2. Jeroni Matorell (1877-1951)

15.3.3. Josep Puig i Cadafalch (1867-1956)

15.4. O período republicano.

15.5. LAreconstrucción de posguerra.

15.6. Expansión económica e crise do Patrimonio Histórico.

15.7. Actualización e renovación. Período democrático.

16. O Restauro Crítico.

16.1. A dialéctica entre proceso crítico e acto creativo.

16.2. A Teoría do Restauro de Césare Brandi (1906-1988)

16.2.1. O Instituto Central do Restauro.

16.2.2. O fundamento teórico da restauración.

16.2.3. Instancia histórica e instancia estética.

16.2.4. Definición teórica da restauración e as súas implicacións metodolóxicas.

16.2.5. O concepto de restauración.

16.2.6. A materia da obra de arte.

16.2.7. A unidade potencial da obra de arte.

16.2.8. O problema das lagunas na interpretación arquitectónica: unha aproximación dende Brandi.
16.2.9. O tempo, a obra de arte e a restauración.

16.2.10. A harmonización das instancias histórica e estética.

16.2.11. Tratamentos das ruinas. Os engadidos e reconstruccións. As pátinas e as limpezas.

17. Os documentos de ámbito internacional. As leis do Estado Español e do Patrimonio Cultural de Galicia. Comentarios.

17.1. A Carta de Atenas, 1931.

17.2. A Carta de Venecia, 1964.

17.3. A Carta de Toledo. Conservación das cidades históricas, 1986.

17.4. Outros documentos europeos.

17.4.1. A Carta de Granada.

17.4.2. Outros.

17.5. Lei do Patrimonio Histórico Español.

17.6. Lei do Patrimonio Cultural Galego.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes