Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Proxectos 1 Código 630G02001
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Sánchez Lampreave, Ricardo
Correo electrónico
ricardo.lampreave@udc.es
Profesorado
Barge Ferreiros, Santiago
Carreiro Otero, Maria Concepción
Mesejo Conde, Mónica
Sánchez Lampreave, Ricardo
Vazquez Diaz, Sonia
Correo electrónico
s.barge@udc.es
maria.carreiro@udc.es
monica.mesejo@udc.es
ricardo.lampreave@udc.es
sonia.vazquez.diaz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Proxectos 1 ten como obxectivo construír unhas estadas provisionais que permitan ao alumnado asimilar as bases do proxecto arquitectónico: unha cimbra, como diría Carlos Martí (2005), que aspira a desaparecer co tempo, deixando soamente a pegada da súa orde. Ofrecer efémeras certezas que permitan arriscarse con maior confianza, como as rodiñas auxilares da bicicleta. A estratexia consiste en ensinar arquitectura como o manexo dunha nova linguaxe, apoiándose en disciplinas humanísticas como a psicoloxía ou a semiótica. Primeiro, descodificar os signos (aprender a ler); logo, entender a súa lóxica interna (gramática); máis tarde a relación que se establece entre eles (sintaxe), para finalmente alcanzar a albiscar a profundidade das mensaxes que se poden transmitir (poética). O cuadrimestre estrutúrase en dous partes. A primeira relacionada cos elementos de composición, facendo fincapé nas consecuencias perceptivas e emocionais da súa disposición concreta. A segunda penétrase xa na idea de proxecto, entendido como un proceso creativo complexo que precisa transcender as funcións máis pragmáticas mediante o uso da poética. Emprégase didácticamente un esquema que precisa en que consiste A IDEA DE ARQUITECTURA, unha estrutura de conceptos relacionados mediante a máis absoluta coherencia: unha idea guía, composta por un obxectivo principal (que se quere resolver por encima de todo) e unha carga poética asociada (como se resolve), vinculadas entre si por relacións de orde metafórico ou metonímico; e un argumento formal, unha estratexia ou lóxica compositiva que cristaliza a idea guía, e que ha de materializarse de acordo ao programa funcional a resolver e ao lugar concreto no que ha de implantarse. En ningún caso preténdese dar receitas para alcanzar resultados predeterminados, senón estruturar un sistema de preguntas que todo proyectista ha de facerse e responderse honestamente ao longo do proceso creativo. A intención é reflexionar sobre os mecanismos creativos inconscientes e facer un esforzo por nomear con palabras o que os profesionais facemos intuitivamente mediante bosquexos e maquetas: ofrecer un punto de apoio para que o alumnado saiba que buscar, que preguntarse.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes