Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais na que se introducen as achegas teóricas que permitirán ao alumnado enfrontarse coa materia e desenvolver os traballos e prácticas do taller.
Na sesión maxistral explícanse e aclaran os contidos dos traballos propostos. De igual modo, combínanse con correccións colectivas dos exercicios desenvolvidos.
Acreditación de asistencia á sesión maxistral: rexistro de apuntamentos ´gráficos nun caderno específico de follas brancas.
Horas non presenciais: completar as notas tomadas na sesión maxistral coas consultas bibliográficas, de carácter gráfico ou textual, fotos ou apuntamentos do natural, ou outras técnicas propias da linguaxe arquitectónica.


Proba práctica Exercicio que permita avaliar o nivel de aprendizaxe. Trátase dun instrumento de medida articulado para avaliar as capacidades e actitudes adquiridas polo alumno en relación á materia.
Contido: desenvolver un exercicio análogo aos do curso nun tempo limitado (catro horas).
O aprobado da materia require alcanzar o nivel de apto na proba práctica.
Preparación da proba práctica: desenvolvemento dos traballos de taller, asistencia ás sesións maxistrais, estudo gráfico das obras de arquitectura referencias en cada un dos traballos de taller, revisión do propio traballo.
Obradoiro O taller de proxectos é a modalidade formativa básica da materia Proxectos 1. O Componse de traballo presencial e non presencial.
O traballo proyectual (prácticas individuais e/ou en grupo), complétase con sesións críticas colectivas, debates e comentarios. Nas sesións críticas o alumnado explicará ao conxunto da clase as propostas en desenvolvemento.
Nas horas de taller, o alumnado desenvolverá o seu traballo proyectual, co apoio e supervisión do profesorado.
Horas non presenciais: revisarase e completará o traballo desenvolvido na aula.
Acreditación de asistencia ao taller: entrega do traballo realizado en cada sesión semanal.




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes