Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais na que se introducen as achegas teóricas que permitirán ao alumnado enfrontarse coa materia e desenvolver os traballos e prácticas do taller.
Solución de problemas Resolución de problemas proxectuais nos que se deben aplicar os contidos explicados nas sesión maxistrais e na bibliografía. Pode incluir estudos de casos.
Dedicación non presencial.
Eventos científicos e/ou divulgativos Sesións maxistrais impartidas por profesores invitados. Son complemento da docencia presencial.
Portafolios do alumno Caderno de apuntamentos gráficos, acompañados de aclaracións e esquemas da sesión maxistral, conferencias e eventos, notas de estudo e da realidade.
Recomendar aplicar técnicas mixtas: apuntamentos e collage, de modo que se incorporen fotografías, copias, apuntamentos.
Constitúe o fío condutor da aprendizaxe do alumno no cuadrimestre.
Pode incorporar apuntamentos, debuxos, esquemas e notas doutras materias que contribúan a aclarar os aspectos inherentes ao feito proyectual.
Obradoiro O taller de proxectos é a modalidade formativa básica da materia Proxectos 1. O Componse de traballo presencial e non presencial.
O traballo proyectual (prácticas individuais e/ou en grupo), complétase con sesións críticas colectivas, debates e comentarios. Nas sesións críticas o alumnado explicará ao conxunto da clase as propostas en desenvolvemento.
Nas horas de taller, o alumnado desenvolverá o seu traballo proyectual, co apoio e supervisión do profesorado.
Horas non presenciais: revisarase e completará o traballo desenvolvido na aula.
Acreditación de asistencia ao taller: entrega do traballo realizado en cada sesión semanal.

Proba obxectiva Instrumento de medida articulado para avaliar as capacidades e competencias adquiridas polo alumno en relación á materia.
Poderase descompor en dúas ou tres partes, relacionadas coas metodoloxías "sesión maxistral", "solución de problemas" e "obradoiro".
Preparación da proba práctica: asistencia ás sesións maxistrais, elaboración das solución de problemas, e dos traballos do obradoiro.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes