Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A34 A39 A50 A53 A55 A63 B1 B2 B3 B6 B10 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Trátase dunha avaliación progresiva, continua e global.
Condicións para superar a materia:
- entregar o conxunto dos traballos
- acreditar a asistencia a clase do 80%.

Contidos xerais mínimos dos traballos:
- Organización da lámina: ordenar os debuxos, as fotos, os textos e outros elementos gráficos.
- Selección da información
- Coherencia entre proposta e intención.
- Rigor na descrición da proposta: adecuación da escala, información suficiente para a súa compresión, aplicación de criterios arquitectónicos (manexo da luz; orde; ritmo; seriación); coherencia nos debuxos (plantas, alzados, seccións, perspectivas).
- Valoración da liña

60
Sesión maxistral A50 A53 A55 B6 B10 B12 C3 C4 C5 C6 Para poder ser cualificada esta metodoloxía, débese de acreditar a asistencia ao 85% das sesións.
Considéranse sesións maxistrais todas aquelas en as que se imparten contidos teóricos, explicacións de traballos e comentarios colectivos, celebrados no horario destinado aos mesmos.
As sesións maxistrais rexistraranse nun caderno persoal que será revisado periodicamente.
15
Proba práctica A34 A39 A50 C1 Desenvolvemento na aula, nunhas condicións horarias definidas, dun exercicio que mostre as habilidades e competencias adquiridas polo alumno en canto aos contidos das materias. O aprobado da materia require unha nota mínima de 5 nesta proba obxectiva.
Avaliación da proba práctica: un tribunal formado polo conxunto de vos profesores da materia. Cualificación mínima da proba obxectiva: apto.
25
 
Observacións avaliación
Requirimentos para APROBAR A MATERIA: A. OPORTUNIDADE DE XUÑO - proba obxectiva, CUALIFICACIÓN MÍNIMA: 5 sobre 10 - NOTA de APROBADO: 5 sobre 10 B. OPORTUNIDADE DE XULLO. - proba obxectiva, CUALIFICACIÓN MÍNIMA: 5 sobre 10 - NOTA de APROBADO: 5 sobre 10

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes