Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A34 A39 A50 A55 A63 B1 B2 B3 B10 B12 C1 C5 C6 C8 Trátase dunha avaliación progresiva, continua e global.
Condicións para superar a materia:
- entregar o conxunto dos traballos
- acreditar a asistencia a clase do 80%.

Contidos xerais mínimos dos traballos:
- Organización da lámina: ordenar os debuxos, as fotos, os textos e outros elementos gráficos.
- Selección da información
- Coherencia entre proposta e intención.
- Rigor na descrición da proposta: adecuación da escala, información suficiente para a súa compresión, aplicación de criterios arquitectónicos (manexo da luz; orde; ritmo; seriación); coherencia nos debuxos (plantas, alzados, seccións, perspectivas).
- Valoración da liña

75
Proba práctica A39 A34 C5 C8 Desenvolvemento na aula, nunhas condicións horarias definidas, dun exercicio que mostre as habilidades e competencias adquiridas polo alumno en canto aos contidos das materias. O aprobado da materia require unha nota mínima de 5 nesta proba obxectiva.
Avaliación da proba práctica: un tribunal formado polo conxunto de vos profesores da materia. Cualificación mínima da proba obxectiva: apto.
15
Proba obxectiva A63 B1 B2 Proba con contido gráfico desenvolvida na aula.
Carácter presencial.
Contido: proposta proyectual sobre o traballo elaborado nas probas prácticas e o taller.
Obrigatoria para superar a materia.
Cualificación necesaria: apto
Método de avaliación: tribunal formado polo conxunto do profesorado.
5
Portafolios do alumno B1 B2 B3 Caderno ou apuntamentos elaborados en follas brancas con contido fundamentalmente gráfico.
Os apuntamentos, gráficos e dataciones han de estar datados.
Ha de responder os contidos recolleitos na metodoloxía.
Elaboración: non presencial.
Pódense solicitar para a súa revisión aleatoriamente.
Condición para a avaliación final: ter cubertas o 80% das sesións maxistrais, e as conferencias programadas na materia.
5
 
Observacións avaliación
Condicións xerais de SEGUIMENTO do curso para SUPERAR A MATERIA:

- Asistencia ás sesións maxistrais: 80%
- Entrega das probas práctica: 100%. Admítese até un máximo dun 20% entregados fóra de prazo. Cualificación mínima global: APTO
- Asistencia ás conferencias programadas: 80%
- Portfolio do alumno: ha de axustarse ao contido sinalado na metodoloxía e avaliación.
- Asistencia ao taller (traballo en aula tres horas): 80%

AVALIACIÓN FINAL:
A. OPORTUNIDADE DE XUÑO requírese:
Cumprir as condicións xerais de Seguimento do curso e obter na proba obxectiva a CUALIFICACIÓN MÍNIMA: 5 sobre 10


B. OPORTUNIDADE DE XULLO.
B.1 Cumprir as condicións xerais de Seguimento do curso e obter na proba obxectiva a CUALIFICACIÓN MÍNIMA: 5 sobre 10.

B.2- No caso de incumprir as condicións xerais de Seguimento:
a CUALIFICACIÓN MÍNIMA na proba obxectiva: 9 sobre 10. En todo caso, a nota final será de 5,0.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes