Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Debuxo de Arquitectura
   Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Actividades iniciais
Sesión maxistral
Obradoiro
Descrición
As tutorías teñen como finalidade atender ás necesidades e consultas do alumnado relacionadas co traballo a realizar na materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe.

Nesta materia, enténdese como fundamental consultar co profesor os avances que se vaian realizando, de maneira progresiva, para que se poidan ofrecer as orientacións necesarias que aseguren a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indicarán en cada caso.

Dada a importancia que para esta materia ten a atención personalizada, esta realizarase sempre previa cita para garantir tanto o cumprimento como a disposición temporal e evitar ao alumnado esperas innecesarias.

Esta actividade académica desenvolverase polo profesorado, de forma individual ou en pequeno grupo, e poderá ser presencial ou virtual por Teams a elección de cada profesor/a.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes