Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Introdución á Arquitectura
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A50 A54 A63 B1 B2 B3 B6 B12 C1 C4 C6 C7 C8 Realización satisfactoria correspondendo a unha axeitada progresión ó longo do curso tanto dos traballos individuais coma dos grupais.
Valoración parte individual: 20%
Valoración parte grupal: 20%
40
Proba obxectiva A50 A54 A63 B1 B2 B3 B6 B12 C1 C4 C6 C7 C8 Constará de varias cuestións teóricas e prácticas relativas ós contidos da materia. Serán obligatorias e plantexadas de modo progresivo buscando unha axeitada personalización da calificación final.
60
 
Observacións avaliación

A avaliación da asignatura configúrase como unha suma ponderada
dos traballos tutelados e das probas obxectivas. Cada unha das tres partes que
conformarn a calificación (traballo individual, traballo en grupo e proba
obxectiva) son valorados de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha
calificación mínima de 3 puntos en cada unha delas para poder superar a
asignatura.



A asistencia e participación nas clases presenciais é precisa para
ser avaliado. O traballo non presencial é valorado a través dos traballos tutelados
segundo as porcentaxes descritas anteriormente.



A proba obxectiva consiste en preguntas e en análises
concretas de textos, obras ou fragmentos arquitectónicos que permitan valorar a
comprensión dos aspectos particulares do temario e posibiliten verificar a
asimilación dos contidos da asignatura e a axeitada personalización da
cualificación. Os trabllos tutelados son uns exercicios prácticos de elaboración
personal e/ou grupal que desenvolven aspectos particulares e fundamentais do
temario; na súa cualificación valorarase especialemtne a ideación gráfica e a
capacidade analítica do alumnado.



Para poder ser avaliado na primeira oportunidade (xaneiro) o
estudante deberá cumplir a totalidade dos seguintes requisitos:



1. Asistir como mínimo ó 80% das clases presenciais.



2. Entregar como mínimo o 80% dos traballos individuais nas datas
indicadas.



3. Entregar o traballo de grupo na data sinalada.



4. Realizar a proba obxectiva sin deixar de contestar ningunha
das preguntas plantexadas.



No caso de non cumplir algún dos tres primeros puntos o alumno
obterá “Non presentado” na convocatoria (oportunidades de xaneiro e xullo).



Se o estudante non se presentara á proba obxectiva, tendo cumprido o
resto dos requisitos, obterá “Non presentado” na oportunidade de Xaneiro

Se o estudante non aproba na primeira oportunidade e sempre que teña cumpridos os puntos 1, 2 y 3, é posible reelaborar ou completar prácticas individuais para mellorar esa calificación parcial para a segunda oportunidade.



Na segunda oportunidade (xullo), repetirase
únicamente a proba obxectiva, coas mesmas condicións que na primeira
oportunidade, á que só se poderán presentar aqueles estudantes que:


1. Ou ben teñan cumprido os catro requisitos sinalados anteriormente e non teñan acadado a
puntuación suficiente para aprobar.



2. Ou ben
teñan cumprido os tres primeiros pero non se teñan presentado á proba obxectiva
na primeira oportunidade.


Aqueles estudantes que se incorporen co curso xa comenzado:


1. Terán que asistir a un mínimo dun 90% das clases presenciais restantes dende
a súa incorporación


2. Terán que entregar en tempo as prácticas que se realicen a partires da súa
incorporación


3. As prácticas con data previa á súa incorporación terán que ser entregadas
no momento que lles indique o seu profesor .


O resto de normas que non entren en contradición coas anteriores seranlles de
aplicación igual que ó resto de estudantes.


Aqueles estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante
adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.

Os
estudantes repetidores que nun curso anterior teñan cumprido o requisito
de presencialidade quedan exentos de cumplilo nos cursos seguintes.

Os estudantes repetidores que
nun curso anterior teñan as prácticas individuais aprobadas quedan exentos de voltar a
facelas nos cursos seguintes.

Os
estudantes repetidores que nun curso anterior teñan a práctica grupal aprobada quedan exentos de voltar a facela nos cursos seguintes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes