Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Física para a Arquitectura 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A7 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C3 C6 Valorarase a exactitude na contestación a diversas preguntas sobre aspectos teórico prácticos. Durante o desenvolvemento desta proba non se permitirá material de ningún tipo, agás bolígrafos.

As cuestións poden ser conceptuais e/ou numéricas, podendo presentar unha ou varias respostas posibles. Neste caso, só unha sería a correcta.

Establécese un mínimo do 50% nesta proba para superar o curso; en caso contrario a calificación será de Non Presentado, ao non cumplirse os requisitos para a consideración da proba obxectiva.
30
Solución de problemas A7 A63 B1 B3 B4 B5 B6 B9 C3 C5 C6 C7 C8 Resolución na aula, de xeito individualizado, de cuestións propostas polo profesorado ao longo do curso. 7.5
Proba obxectiva A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 Propóñense problemas ou casos prácticos baseados no temario e a bibliografía aos que se dará unha resposta numérica precisa a cada un deles, tendo nalgúns casos que representar os resultados de xeito gráfico.

O exame é individual, o incumprimento deste requisito implica a expulsión e a aplicación da normativa vixente. Os teléfonos móbiles no exame están terminantemente prohibidos, non podendo substituir á calculadora tradicional.

Durante o desenvolvemento da parte práctica empregaranse: formulario, calculadora e material de debuxo

Cada exercicio contestarase independentemente nun prego DIN A3, escrito con tinta indeleble e dobrado en A4 na entraga.

O resultado darase dunha forma que resulte claramente visible, indicando o valor numérico con precisión e coas unidades correspondentes. As partes non válidas deben ser claramente anuladas. Escribirase obrigatoriamente o nome e grupo nos pregos de solucións, así como na folla do enunciado, para ser corrixidas.
60
Traballos tutelados A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 Será necesario que o alumnado propoña e resolva de xeito individualizado e personalizado exercicios dos ítems descritos no apartado de contidos da materia, que o profesorado establecerá en tempo e forma ao longo do curso, xunto coa súa data límite de entrega. 2.5
 
Observacións avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

O aprobado establécese en cinco puntos sobre dez posiblesde acordo coa seguinte desagregación (ídem na 1ª e 2ª oportunidade):

Proba teórica de resposta múltiple: 3 ptos. [Débese acadar 1,50 puntos mínimo para a consideración da proba obxectiva]

Proba práctica obxectiva: 6 ptos.

solución de problemas e traballos tutelados ao longo do curso: 1ptos.

a) Primeira oportunidade:

ao final do cuadrimestre será posible optar á avaliación sempre e cando se teñan cumprimentado os diferentes controis de asistencia que se presenten e/ou os exercicios debidamente resoltos, ata completar un mínimo do 80% do total. O seu incumprimento levará implícita unha calificación de NON PRESENTADO e unha calificación de 0 puntos no apartado de solución de problemas e traballos tutelados para a segunda oportunidade.


b) Segunda oportunidade: estará aberta á totalidade do alumnado matriculado na materia, manténdose a desagregación de calificacións da primeira oportunidade.

NOTA: aclaración sobre asistencia e avaliación para o alumnado de segunda e posteriores matrículas na materia (coa condición de ter asistido no curso anterior ao 80% comentado):

Quen non supere o 40% da asistencia total non poderá presentarse á primeira oportunidade e sí á segunda, pero só sobre nove puntos.

Se supera o 40% de asistencia total, poderá presentarse á primeira oportunidade.

O alumnado de segunda e posteriores matrículas poderá optar á calificación complementaria cando, despois de superar o 40% de asistencia ás aulas teóricas e prácticas, sexa posible asignarlle unha nota complementaria en función das prácticas e dossieres que teña entregado ao longo do curso académico.

CRITERIOS DE CORRECCIÓN: adecúanse aos derivados da realidade profesional da arquitectura. Como criterio xeral os errores conceptuais valoraranse en función da súa gravidade, podendo chegar a anular o exercicio. Tamén resulta relevante a comisión dun error numérico, dado que o exercicio profesional busca resultados concretos. Así, unha equivocación de signo significaría un erro do 200%.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes