Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Física para a Arquitectura 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A7 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C3 C6 Valorarase a exactitude na contestación a diversas preguntas sobre aspectos teórico prácticos. Durante o desenvolvemento desta proba non se permitirá material de ningún tipo, agás bolígrafos.

As cuestións poden ser conceptuais e/ou numéricas, podendo presentar unha ou varias respostas posibles. Neste caso, só unha sería a correcta.

Establécese un mínimo do 50% nesta proba para superar o curso; en caso contrario a calificación será de Non Presentado, ao non cumplirse os requisitos para a consideración da proba obxectiva.
30
Solución de problemas A7 A63 B1 B3 B4 B5 B6 B9 C3 C5 C6 C7 C8 Resolución na aula, de xeito individualizado, de cuestións propostas polo profesorado ao longo do curso. 7.5
Proba obxectiva A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 Propóñense problemas ou casos prácticos baseados no temario e a bibliografía aos que se dará unha resposta numérica precisa a cada un deles, tendo nalgúns casos que representar os resultados de xeito gráfico.

O exame é individual, o incumprimento deste requisito implica a expulsión e a aplicación da normativa vixente. Os teléfonos móbiles no exame están terminantemente prohibidos, non podendo substituir á calculadora tradicional.

Durante o desenvolvemento da parte práctica empregaranse: formulario, calculadora e material de debuxo

Cada exercicio contestarase independentemente nun prego DIN A3, escrito con tinta indeleble e dobrado en A4 na entraga.

O resultado darase dunha forma que resulte claramente visible, indicando o valor numérico con precisión e coas unidades correspondentes. As partes non válidas deben ser claramente anuladas. Escribirase obrigatoriamente o nome e grupo nos pregos de solucións, así como na folla do enunciado, para ser corrixidas.
60
Traballos tutelados A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 Será necesario que o alumnado propoña e resolva de xeito individualizado e personalizado exercicios dos ítems descritos no apartado de contidos da materia, que o profesorado establecerá en tempo e forma ao longo do curso, xunto coa súa data límite de entrega. 2.5
 
Observacións avaliación

O aprobado fíxase tanto en primeira como en segunda oportunidade en cinco puntos sobre un máximo de 10
































PRIMEIRA OPORTUNIDADE
tipo valoración total Requisitos para superar a materia na primeira oportunidade
Controles de asistencia 0 puntos Será necesario cumprimentar o 80% dos controis dispostos, tanto en docencia presencial, expositiva e interactiva, como en docencia non presencial.
Probas rápidas de resposta múltiple 3 puntos Será necesaria a resolución do 80% das probas propostas e alcanzar unha valoración total de 1,5 puntos.
Proba práctica obxectiva  6 puntos Será necesario alcanzar unha cualificación mínima de 3,5 puntos sobre 10.
Solución de problemas e traballos tutelados 1 punto Entregaranse polo menos o 80% dos traballos propostos.

 



























SEGUNDA OPORTUNIDADE
tipo valoración total Requisitos para superar la materia en segunda oportunidade
Proba de resposta múltiple 3 puntos Será necesario alcanzar unha valoración total de 1,5 puntos
Proba práctica objetiva  6 puntos Será necesario alcanzar unha calificación mínima de 3,5 puntos sobre 10.
Solución de problemas e traballos tutelados 1 punto Só consideraranse aqueles entregadas nos prazos indicados dentro do período de actividades académicas do primeiro cuadrimestre. Os estudantes que non cumprisen este requisito terán 0 puntos neste apartado.

O non seguimento dos requisitos indicados supoñerá unha cualificación de NON PRESENTADO na oportunidade correspondente.

Nota aclaratorio sobre asistencia e avaliación para o estudantado de segunda e posteriores matrículas na materia, (coa condición de cumprimentar no curso inmediatamente anterior o 80 % esixido):

Quen non supere o 40% da asistencia total non poderá presentarse á primeira oportunidade e si á segunda, pero só sobre nove puntos. Se supera o 40% de asistencia total, poderá presentarse na primeira oportunidade. O alumnado de segunda e posteriores matrículas poderá optar á cualificación complementaria, cando despois de superar o 40% de asistencia ás clases teóricas e prácticas, sexa posible asignarlle unha nota complementaria en función das prácticas e dossieres que entregase ao longo do curso académico.

CRITERIOS DE CORRECCIÓN: se adecuan aos derivados da realidade profesional da arquitectura. Como criterio xeral os erros conceptuais valoraranse en función da súa gravidade, podendo chegar a anular o exercicio. Tamén resulta relevante a comisión dun erro numérico, dado que o exercicio profesional busca resultados concretos, así unha equivocación de signo significaría un erro do 200%.

       

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes