Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Matemáticas para a Arquitectura 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A11 B1 B2 B4 B9 C1 C6 A avaliación do alumnado realizarase segundo se explica nas observacións. 100
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade (xuño): A materia divídese en dous bloques. Ao final de cada bloque, realizarase un
exame parcial liberatorio da materia correspondente. Poderán presentarse aos
exames parciais aqueles/as alumnos/as que teñan asistido, polo menos, a un 70%
das clases en grupos reducidos. Aqueles/as alumnos/as con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (o
que deberán comunicar ao profesor da asignatura), poderán presentarse a estes
exames parciais sen necesidade de cumprir o requisito mínimo de asistencia.

Aqueles/as alumnos/as que obteñan unha nota media entre os dous
parciais maior ou igual a 5, terán aprobada a asignatura, e non terán que
realizar o exame final.

O exame final consistirá en dúas probas correspondentes á materia de
cada bloque. Aqueles/as alumnos/as que no teñan aprobada a asignatura mediante
os exames parciais, examinaranse do bloque, ou dos bloques, que non teñan
aprobados (*). A presentación ao exame dun bloque xa aprobado previamente,
supón a renuncia expresa á cualificación anterior. Para superar a materia será
necesario obter unha calificación media, entre os dous bloques, maior o igual a
5.

(*) Aqueles/as alumnos/as que debéndose examinar dos dous bloques se
examinen soamente dun deles, serán cualificados/as como suspenso en primeira
oportunidade e obterán como cualificación o mínimo entre 4,5 e a media
resultante entre a máis reciente cualificación obtida en cada un dos bloques.

Segunda oportunidade (xullo): Os/as
alumnos/as que no teñan superado a materia na primera oportunidade dispoñen
dunha segunda oportunidade para superala. A avaluación do estudantado nesta
segunda oportunidade realizarase mediante un exame global de toda a asignatura,
cuxa cualificación proporcionará a nota final da mesma.











Ambas oportunidades:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
materia na convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación
obtida nas probas e/ou actividades de avaliación, tal e como se establece na
normativa académica vixente na UDC. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes