Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Construción 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación do portafolios do alumno só se realizará se se presenta encadernado, completo e ordenado. 15
Proba obxectiva A12 A13 A14 A15 A17 A25 A26 A27 A39 A41 A63 A puntuación de cada un dos exercicios teórico-prácticos estará indicada no enunciado da Proba obxectiva. 50
Sesión maxistral A12 A13 A14 A15 A17 A25 A26 A27 A39 A41 A63 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliaranse os apuntes da materia tomados polo alumno na aula. 5
Obradoiro B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Esta nota poderá ser distribuida, a criterio dos profesores, na forma 25+5, correspondendo o 25% á evaluación das prácticas do curso e o 5% ás calificacións obtidas nos controles de seguimento (test) realizados na aula. 30
 
Observacións avaliación

Para poder facer a avaliación global da materia en calquera das dúas oportunidades, será necesario que o estudante:

1. Realice a proba obxectiva.

2. Presente todas as prácticas realizadas no Taller.

3. Ter atendido en persoa, polo menos o 80% das sesións maxistrais e do taller, salvo que se xustifique.

4. Entregue o Portafolio completa.

5. Entregue as notas das sesións maxistrais realizadas na aula.

6. Obtivera polo menos o 40% da puntuación máis alta posible en cada unha das prácticas e no portafolio, así como na totalidade da proba obxectiva final, e tamén na parte de desenvolvemento desta proba (agás para a parte de test).

No caso de que a nota do conxunto da proba obxectiva final ou a parte de desenvolvemento desa proba sexa inferior ao 40% da máxima, a nota que aparecerá nas actas será esa. No caso de que algunha práctica ou o portafolio teña unha nota inferior ao 40% da máxima, o alumno figurará nas actas da oportunidade correspondente como ‘Non presentado’ e só obterá unha nota cando teña presentado exercicios de substitución que teñan unha cualificación igual ou superior ao 40% da nota máxima.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes