Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Construción 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación do portafolios do alumno só se realizará se se presenta encadernado, completo e ordenado. 15
Proba obxectiva A12 A13 A14 A15 A17 A25 A26 A27 A39 A41 A63 A proba obxectiva constará dun test de respostas múltiples e de varios exercicios teórico-prácticos relacionados co temario da materia. A puntuación de cada un dos exercicios estará indicada no seu enunciado. 50
Sesión maxistral A12 A13 A14 A15 A17 A25 A26 A27 A39 A41 A63 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliaranse os apuntes da materia tomados polo alumno nas clases expositivas. Terase en conta o esforzo realizado para completar a información mediante búsquedas realizadas polos alumnos a traverso das fontes dispoñibles: bibliografía, webgrafía, información comercial, etc. Os apuntes redactaranse de forma manuscrita e valorarase especialmente a inclusión dos debuxos e croquis realizados polos profesores nas clases expositivas. 5
Obradoiro B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase especialmente a precisión no debuxo, así como a claridade e limpeza na presentación dos traballos. 30
 
Observacións avaliación

Para ser avaliado globalmente para a materia en calquera das dúas oportunidades, será necesario:

1. Ter asistido polo menos ao 80% das Sesións Maxistráis, salvo causa de forza maior documentada.

2. Presentar todas as prácticas realizadas no Obradoiro.

3. Envíar o Portfolio completo.

4. Entregar as notas tomadas nas Sesións Maxistráis.

5. Facer a Proba obxectiva.

No caso de que o día do exame o alumno non presente algún dos ítems puntuables da materia, figurará como 'Non presentado' na acta da oportunidade correspondente.

No caso de que o alumno non acade unha cualificación igual ou superior a 4 puntos sobre 10 nalgún dos puntos de puntuación da materia, figurará como ‘Suspenso’ na acta da oportunidade correspondente, aínda que a súa a media é superior a 5 puntos sobre 10. A súa nota numérica será a máis baixa de todos os seus ítems.

Na segunda oportunidade, só será imprescindible realizar aqueles ítems nos que non se acadara unha valoración de 4 puntos sobre 10.

O alumno que repita curso non terá que repetir os exercicios nos que obtivese unha nota igual ou superior a 8 puntos sobre 10 no último curso académico.

Non se contemplan medidas de dedicación a tempo parcial, pois é unha materia na que o obradoiro é unha metodoloxía fundamental.

Non se contempla a dispensa académica, por tratarse dunha materia na que o obradoiro é unha metodoloxía fundamental.

A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de 'Suspenso 0' na materia da convocatoria correspondente, quedando sen efecto calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de afrontar a segunda oportunidade.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes