Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación dos obxectivos, contidos e metodoloxías da materia. Introdución sobre o lugar no que se vai traballar, expoñendo os proxectos que se desenvolverán nel ao longo do cuadrimestre.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos teóricos da materia, co obxectivo de facilitar ao alumno o desenvolvemento do traballo específico do Obradoiro
Proba obxectiva Desenrolo, en segunda oportunidade, na aula, dunha práctica que demostre de forma sintética as habilidades e competencias adquiridas polo alumno arredor dos temas e lugares tratados no desenrolo dos exercicios do curso.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por el profesor.
Saídas de campo Visita ao lugar onde se desenvolverán os traballos do cuadrimestre. O obxectivo é a observación directa e sistemática do lugar, recollendo información, toma de datos, bosquexos, análise, etc.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva sobre os temas tratados nas Clases Maxistrais.
Obradoiro O Obradoiro é a modalidade formativa básica da asignatura Proxectos 3. Está orientado á aplicación de aprendizaxes nos que se poden combinar diversas metodoloxías (prácticas individuais e/o en grupo, exposición dos traballos e prácticas realizadas, debates y comentarios, así como docencia individualizada). A través do Obradoiro, o alumno desenrolará os proxectos propostos, co apoio e supervisión do profesorado. O Obradoiro vaise desenvolver en pequenos grupos de alumnos.
Realizaranse exposicións orais complementarias para introducir os temas teóricos correspondentes a cada fase do exercicio en curso, que permitirán ao alumno enfrontarse coa materia y desenrolar os traballos e prácticas do Obradoiro.
Análise de fontes documentais Constituirán parte do Portafolio do alumno: Constitúe a recopilación de datos que o alumno vai elaborando a partir das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntes vinculados aos lugares de traballo e ao desenrolo de a cada un dos exercicios propostos.
Esquemas Constituirán parte do Portafolio do alumno: Constitúe a recopilación de datos que o alumno vai elaborando a partir das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntes vinculados aos lugares de traballo e ao desenrolo de a cada un dos exercicios propostos.
Lecturas Constituirán parte do Portafolio do alumno: Constitúe a recopilación de datos que o alumno vai elaborando a partir das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntes vinculados aos lugares de traballo e ao desenrolo de a cada un dos exercicios propostos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes