Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación dos obxectivos, contidos e metodoloxías da materia. Introdución sobre o lugar no que se vai traballar, expoñendo os proxectos que se desenvolverán nel ao longo do cuadrimestre.
Sesión maxistral Exposición oral, con apoio multimedia, dos contidos teóricos da materia, co obxectivo de trasladar coñecementos, fomentar o seu desenvolvemento e facilitar ao alumno a elaboración do traballo específico do Obradoiro. Estimulando a súa aprendizaxe autónoma.
Proba obxectiva Desenvolvemento na aula dunha práctica que demostre de forma sintética as habilidades e competencias adquiridas polo alumno ao redor dos temas tratados no desenvolvemento dos exercicios de curso.

Esta proba poderá incluír preguntas sobre os temas tratados nas Clases Maxistrais.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por el profesor.
Saídas de campo Visita ao lugar onde se desenvolverán os traballos do cuadrimestre. O obxectivo é a observación directa e sistemática do lugar, recollendo información, toma de datos, bosquexos, análise, etc.
Obradoiro O Obradoiro é a modalidade formativa básica da materia. Está orientado á aplicación de aprendizaxes nos que se poden combinar diversos métodos (prácticas individuais e en grupo, exposición dos traballos, debates e comentarios, así como a docencia individualizada).

A través do obradoiro, o alumnado desenvolverá os proxectos propostos, co apoio e supervisión do profesorado.

Aprendizaxe colaborativa: A clase organízase en pequenos grupos, onde os alumnos co profesor traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas. Desta forma procúrase reunir e compartir a máxima información posible (toma de datos e medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, análise da parcela, procura de exemplos, construción da maqueta xeral do emprazamento, etc.). O obxectivo é optimizar a aprendizaxe.

Realizaranse exposicións orais complementarias sobre os temas teóricos correspondentes a cada fase do exercicio en curso, que permitirán ao alumno enfrontarse coa materia e desenvolver as prácticas do obradoiro.

Os resultados do Obradoiro, colectivos e individuais, formarán parte do Portafolio do alumno.
Análise de fontes documentais Constitúe a recompilación e proceso de datos que o alumno elaborou a partir das sesións teóricas e das consultas en bibliotecas e outros arquivos.

Este traballo recollerase no Portafolio do alumno.
Esquemas Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados coas reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntamentos. Vinculados aos lugares de traballo e ao desenvolvemento da cada un dos exercicios propostos.

Este traballo recollerase no Portafolio do alumno.
Lecturas Lectura crítica da bibliografía facilitada e da complementaria seleccionada polo alumno. Resumos e anotacións do lido sintetizando os contidos fundamentais e as principais ideas.

Este traballo recollerase no Portafolio do alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes