Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 A63 B1 B2 B3 B6 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Proxectos 3 impartiráse no Obradoiro ao longo de aproximadamente 30 encontros, dos cales 15 son de docencia compartida. Calificaráse a través dunha avaliación continua onde o alumno desenrolará un traballo constante, con resultados parciais que mostren unha progresión ascendente. É requisito imprescindible, ademais da calidade e a progresión ascendente do traballo de curso, teren entregados todo los exercicios nos prazos e forma indicados na materia e acreditar unha asistencia mínima, tanto ao obradoiro coma á docencia compartida, do 80% en cada unha delas.

O traballo persoal do alumno calificaráse a través de dous exercicios desenrolados durante o cadrimestre, realizados no Obradoiro.

Terá a condición de non presentado o alumno que se atope nalgunha das seguintes circunstancias:
-non cumprir a asistencia esixida
-entregar traballos carentes de contido propositivo e incompletos.

Non se permitirá completar ou modificar os traballos da materia carentes del desenvolvemento suficiente fora da data de entrega.
85
Proba obxectiva A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 Para superar a materia en primeira oportunidade é necesario cumprir o seguintes tres requisitos:
1_Asistencia do 80 % das clases das materias.
2_Ter todos os traballos do curso presentados en data de entrega e cun contido propositivo e completo, acorde o cronograma da materia.
3_ Exame primeira oportunidade. Consistirá nunha práctica que demostre de maneira sintética as habilidades e competencias adquiridas polo alumno ao redor dos temas tratados ao longo dos exercicios do curso.
A valoración final do curso realizarase con arranxo ás seguintes porcentaxes:
-80% corresponde ao traballo desenvolvido durante o cuadrimestre.
-20% corresponde á proba obxectiva.
Non admitiranse ampliacións do traballo entre primeira e segunda oportunidade.
Se non se cumpre un dos tres requisitos antes apuntados, a cualificación será de “Non presentado”. Neste caso, a segunda oportunidade manterá esta cualificación ao non cumprir a condición de avaliación continua.
0
Análise de fontes documentais A34 A37 A53 A55 A56 A57 B6 Portafolios do alumno: Constitúe a recopilación de datos que o alumno ten elaborado a partires das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntamentos vencellados a os lugares de traballo e ao desenrolo de cada un dos exercicios propostos.
Esta metodoloxía será de obrigado cumprimento para a valoración do Obradoiro de Proxectos.
5
Esquemas A34 A37 B1 B2 B3 B6 Portafolios do alumno: Constitúe a recopilación de datos que o alumno ten elaborado a partires das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntamentos vencellados a os lugares de traballo e ao desenrolo de cada un dos exercicios propostos.
Esta metodoloxía será de obrigado cumprimento para a valoración do Obradoiro de Proxectos.
5
Lecturas A53 A55 A56 A57 B6 Portafolios do alumno: Constitúe a recopilación de datos que o alumno ten elaborado a partires das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntamentos vencellados a os lugares de traballo e ao desenrolo de cada un dos exercicios propostos.
Esta metodoloxía será de obrigado cumprimento para a valoración do Obradoiro de Proxectos.
5
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes