Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 A63 B1 B2 B3 B6 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Proxectos 3 impartirase no Taller ao longo de aproximadamente 30 encontros, dos cales 15 son de docencia compartida.

Cualificarase a través dunha avaliación continua onde o alumno desenvolverá un traballo constante, con resultados parciais que mostren unha progresión ascendente. Os requisitos imprescindibles, ademais da calidade e a progresión ascendente do traballo de curso, son:
1º. Ter entregados todos os exercicios nos prazos e forma indicados na materia.
2º. Acreditar unha asistencia mínima, tanto ao taller como á docencia compartida, do 80% en cada unha delas.

O traballo persoal do alumno cualificarase a través de dous exercicios desenvolvidos durante o cuadrimestre, realizados no Taller, recollidos no Portafolios.
80
Proba obxectiva A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 A proba obxectiva consistirá nunha práctica que demostre de maneira sintética as habilidades e competencias adquiridas polo alumno ao redor dos temas tratados ao longo dos exercicios do curso.

Esta proba poderá incluír preguntas sobre os temas tratados nas Clases Maxistrais.
20
Análise de fontes documentais A34 A37 A53 A55 A56 A57 B6 Este traballo recollerase no Portafolios do alumno e avaliarase co traballo do obradoiro. 0
Esquemas A34 A37 B1 B2 B3 B6 Este traballo recollerase no Portafolios do alumno e avaliarase co traballo do obradoiro. 0
Lecturas A53 A55 A56 A57 B6 Este traballo recollerase no Portafolios do alumno e avaliarase co traballo do obradoiro. 0
 
Observacións avaliación

Para superar a materia en primeira oportunidade é necesario cumprir os seguintes tres requisitos:

1_Asistencia mínima do 80 % ás clases das materias.

2_Ter todos os traballos do curso presentados en data de entrega e cun contido propositivo e completo, acorde ao cronograma da materia. Non se permitirá completar ou modificar os traballos da materia carentes do desenvolvemento suficiente fora da data de entrega.

3_Realizar a proba obxectiva. Esta proba é eliminatoria, a cualificación mínima para aprobar a materia é apto.

Se non se cumpre un dos tres requisitos antes apuntados, a cualificación será de "Non presentado".

En caso de incumprir os dous primeiros requisitos, a segunda oportunidade manterá a cualificación de "Non presentado", ao non cumprir a condición de avaliación continua.

Non se admitirán ampliacións dos traballos entre primeira e segunda oportunidade.

Baremo na primeira oportunidade: -80% corresponde ao traballo desenvolvido durante o cuadrimestre. -20% corresponde á proba obxectiva.

Baremo na segunda oportunidade: -50% corresponde ao traballo desenvolvido durante o cuadrimestre. -50% corresponde á proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes