Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Análise Arquitectónico 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A9 A4 A3 A1 A10 A13 A34 A35 A36 A38 A42 A44 B2 B5 B6 B7 B8 B12 C5 C6 C7 C8 Os contidos das sesións teóricas son fundamentais para coñecer as técnicas e obxectivos de análise que logo serán empregados no desenvolvemento do traballo 30
Obradoiro A10 A9 A4 A3 A2 A1 A13 A34 A42 A44 A45 A46 A47 B2 B5 C3 O obradoiro é o ámbito de síntese da materia e de confluencia con Proxectos, onde se poñen en práctica directa os coñecementos e destrezas adquiridas.
No Obradoiro evidencianse simultaneamente o desenvolvemento intelectual do estudiante, o coñecemento dos obxectivos do curso, o dominio da materia tratada e o dos recursos comunicativos propios do arquitecto
65
Presentación oral A63 B4 C1 C2 C4 Sendo unha materia eminentemente práctica, as presentacións orais que os estudiantes realizan constitúen o mellor xeito de valorar o dominio dos coñecementos e técnicas que son o obxectivo da materia 5
 
Observacións avaliación

O alumno debe asistir as sesións maxistrais e
presentar os traballos gráficos, maquetas etc. propostos nos obradoiros co
nivel exisido de calidade para superar a asignatura. 



A asistencia e obrigatoria alo menos nun 80% das
clases teóricas e prácticas, así como a os Obradoiros compartidos. Sin ese
requisito o alumno non poderá aprobar por curso a asignatura. 



Para aprobar, o alumno dispoñerá de duas
oportunidades: xaneiro e xullo. A primeira coincide coa data de entrega do
último traballo, e capacitará ao alumno para aprobar por curso. 



O alumno que non supere esta primeira
oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá nunha proba
práctica no mes de xullo. 



A entrega menor do das prácticas supoñerá que
non se seguiu o curso, e implica unha calificación de Non Presentado nas dúas
oportunidades de avaliación. Por tanto o alumno terá que repetir a asignatura
por completo. E imprescindible entregar as prácticas específicas da materia,
incluídas as coordinadas no Obradoiro do terceiro cuadrimestre con Proxectos
para superar cada unha das materias que compoñen o Obradoiro conxunto. Éste
terá un peso do 20% da cualificación final do alumno. 



Os alumnos que non presenten -total ou
parcialmente-, as prácticas exisidas no Obradoiro compartido serán calificados
con un Non Presentado en todas as materias que componen ese Obradoiro. 



Os alumnos que non superen a materia de
Proxectos nas dúas oportunidades, deberán asistir a o Obradoiro compartido o
ano seguinte. Nese caso, realizarán os traballos das materias que non superaran
no Obradoiro do ano anterior. Os alumnos que tendo superada a materia de
Proxectos, non superasen alguna das outras materias integradas no Obradoiro,
terán que presentar en consecutivas convocatorias, novamente, e cas correccions
oportunas, os traballos propostos no Obradoiro no que participaron. 



Os alumnos matriculados con posterioridade a o
inicio do curso académico deberán asistir as clases teóricas e prácticas dende
a data da sua matrícula, coa posibilidade de recuperación das prácticas
realizadas hasta esa data. 



Movilidade: A docencia a alumnos de programas de
movilidade adaptarase a condicions pedagóxicas e de traballos tutelados
especiais, así como as probas e exámenes de avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes