Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Análise Arquitectónico 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A34 A40 A48 A49 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O Obradoiro é un espazo onde o alumnado aplica os seus coñecementos e habilidades. Por compartir espazo e tempo coa materia "Proxectos2" esta metodoloxía podería aplicarse nos proxectos propios do alumnado.
A materialización consistirá na realización dun traballo específico que se explicará ao comezo do curso.
15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A34 A40 A48 A49 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O obxectivo da materia é formar aos alumnado na análise de espazos arquitectónicos e na xestión de fontes de información, todo baseado en estudos de casos reais.
Isto articúlase a través dun ou varios Traballos Tutelados, orixinais e inéditos, que deben realizarse ao longo do período docente de acordo cunha metodoloxía científica, combinando os coñecementos teóricos impartidos polo profesorado.
Producirase un documento final no que se expresarán todos os seus contidos con procedementos comunicativos propios da arquitectura.
65
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 A6 A34 A40 A48 A49 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O alumnado debe obter unha nota superior a cinco (5) puntos sobre (10) nas probas de avaliación obxectiva, para superar a materia. 20
 
Observacións avaliación

1. Asistencia
O alumnado debe asistir ás clases expositivas, actividades recomendadas, e presentar as obras gráficas, maquetas, etc. propostas nos talleres, co nivel de calidade requirido para superar a materia.

A asistencia é obrigatoria ao 80%, así como aos talleres compartidos. Sen este requisito, ningún estudante poderá aprobar a materia por curso. A entrega de menos do 100% das prácticas, no seu prazo, significará que o curso non foi seguido e unha nota de "Non presentado" na primeira oportunidade. 

2. Inscrición tardía

O estudantado matriculados tralo inicio do curso, deberá asistir ás clases teóricas e prácticas desde a data de matrícula, coa posibilidade de recuperación das prácticas realizadas ata esa data.

3. Oportunidades.

Para superar a materia o estudantado terá dúas oportunidades: xaneiro e xullo. Quen non pase a primeira oportunidade pode presentarse á segunda. En ambos os casos deberá realizar unha proba obxectiva.

Para poder presentarse á segunda oportunidade o alumnado deberá entregar o 100% das prácticas do curso debidamente tuteladas. No caso de non ter aprobado os traballos tutelados na 1ª oportunidade, os mesmos poderánse mellorar, ou no seu caso realizar outro traballo adicional, dacordo coas indicacións do profesorado.

4. Mobilidade.A docencia ao alumnado procedente de programas de mobilidade basearase en condicións pedagóxicas, lingüísticas e de programación específicas e na realización de traballos tutelados especiais.

*En caso de dispensa académica ou dedicación a tempo parcial, deberá poñerse en contacto co responsable do seu grupo nas primeiras semanas do curso para resolver o caso concreto. En calquera caso, deberase cumprir todo o relacionado coa entrega de tarefas e titorías.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes