Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Física para a Arquitectura 2
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Física para a Arquitectura 2 Código 630G02013
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
López César, Isaac
Correo electrónico
isaac.lopez@udc.es
Profesorado
Cuba Cabana, Hilda
Dominguez Diez, Javier Faustino
López César, Isaac
Correo electrónico
hilda.cuba@udc.es
javier.dominguez@udc.es
isaac.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Física para a Arquitectura 2 realiza unha introdución a fenómenos físicos relevantes para o deseño arquitectónico e como estes se atopan recollidos nas normativas actuáis de obrigado cumplimento. Trátase, polo tanto, dun curso de física aplicada á arquitectura no que se abordan contidos de hidrostática -que permitirán ao alumnado determinar empuxes hidrostáticos sobre muros ou lousas-; hidrodinámica -centrándose especialmente no comportamento de fluidos no interior de conductos-; conceptos de termodinámica e higrometría enfocados ao estudo das envolventes dos edificios e ao acondicionamento térmico de espazos arquitectónicos; acústica aplicada ao illamento e ao acondicionamento de locáis; ademáis de contidos sobre electricidade e teoría da luz e a cor. Siempre que resulta posible, os conceptos explicados aplícanse a situación arquitectónicas reais, incidindo na relación íntima entre a física e a arquitectura.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Os contidos da asignatura non se modifican. 2. Metodoloxías. Contémplanse dous escenarios: -Escenario 1: Docencia híbrida, na que únicamente se poderán realizar presencialmente as sesións interactivas. -Escenario 2: Docencia non presencial, na que a totalidade da docencia pasa a ser en modalidade on-line. *Metodoloxías docentes que se manteñen. Escenario 1 (docencia híbrida): mantéñense toda as metodoloxías docentes. As sesións expositivas realizaranse on-line, a través da plataforma que a UDC habilite a tal efecto (Teams ou similar). Co obxetivo de dar un maior dinamismo ás sesións on-line, o profesor/a pode indicar unha lectura previa. As probas mixtas de clase, realizaranse presencialmente nas sesións interactivas. As entregas de boletíns de problemas realizaranse vía Moodle. Escenario 2 (docencia non presencial): Tanto a docencia expositiva como interactiva realizarase on-line. Mantéñense todas as metodoloxías. As sesións expositivas realizaranse on-line, a través da plataforma que a UDC habilite a tal efecto (Teams ou similar). Co obxetivo de dar un maior dinamismo ás sesións on-line, o profesor/a pode indicar unha lectura previa. As sesións interactivas realizaranse on-line (Teams ou similar). Neste caso poden consistir na explicación de exercicios por parte do profesor, ou ben na corrección e resolución de dúbidas de exercicios que o profesor facilitara previamente ao alumnado para a súa resolución na casa. As probas mixtas de clase realizaranse on-line. As entregas de boletíns de problemas realizarase vía Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican. Non se modifican metodoloxías. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. As tutorías presenciais manteranse si resulta posible. En todo caso, contémplanse as seguintes vías de atención personalizada: -Teams, canal: abrirase un canal de Teams para consulta de dúvidas. O canal estará permanentemente aberto e as dúvidas serán respondidas á maior brevedade posible. -Correo electrónico: o alumnado terá a posibilidade de formular dúvidas tamén no correo-e dos profesores. Non obstante, utilizarase preferentemente o canal de Teams para que podan estar dispoñibles para todo o alumnado. -Teams, sesión virtual: no caso de cuestións que presenten dificultade para a súa resolución por escrito, ou precisen de interacción directa, realizarase unha sesión virtual co/ca alumno/a. 4. Modificacións na evaluación. Escenario 1 (docencia híbrida): mantense o desglose de evaluación indicado na guía docente. As probas mixtas de clase realizaranse nas sesións presenciais interactivas. Os boletíns de problemas entregaranse vía Moodle. A proba obxetiva final se realizará presencialmente sempre que así o autorice o órgano competente. En caso de que non sexa posible a realización presencial da proba obxetiva, realizarase on-line de forma síncrona. Escenario 2 (docencia non presencial): mantense o desglose de evaluación indicado na guía docente. As probas mixtas de clase realizaranse on-line. Os boletíns de problemas entregaranse vía Moodle. A proba obxetiva final realizarase presencialmente sempre que así o autorice o órgano competente. En caso de que non sexa posible a realización presencial da proba objetiva, realizarase on-line de forma síncrona. *Observacións de evaluación: No caso de que algún alumno/a teña dificultades de equipamento informático ou de conexión a internet para acceder ás ferrmentas informáticas proporcionadas pola UDC (Teams, Moodle, etc) de forma síncrona, para o seu manexo tanto nas clases como nunha hipotética proba on-line, debe comunicar este extremo ao profesorado na maior brevedade posible, ao obxeto de buscar solución. 5. Modificacións da bibliografía o webgrafía. Non se modifica a bibliografía indicada na guía docente. De plantearse nova documentación básica durante o período de confinamento, ésta porase a disposición do alumnado a través de Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes