Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Física para a Arquitectura 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B12 C1 C3 C4 Requírese expor e resolver de forma individualizada e personalizada exercicios dos items descritos no apartado de contidos da materia, que o profesorado establecerá en tempo e forma ao longo do curso xunto coa súa data límite de entrega. 5
Proba de resposta múltiple A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 C8 Valorarase a exactitude na contestación a preguntas sobre aspectos teórico prácticos con catro opcións cada unha, das cales polo menos unha é correcta. No enunciado do exercicio estableceranse as condicións das respostas erróneas. 20
Proba obxectiva A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B12 C1 C3 C8 Exporanse tres problemas ou casos prácticos baseados no temario e bibliografía, e o alumnado dará resposta numérica a cada un deles; tendo mesmo que representar
os resultados de forma gráfica.

Cada exercicio contestarase e cualificará nun prego DIN A3, escrito con tinta indeleble, e dobrado en A4. Os pregos de solucións así como a folla do enunciado levarán escrito o nome do alumno e o seu grupo para ser corrixidas.

O resultado darase de forma que resulte claramente visible, indicando o valor numérico coa precisión e unidades correspondentes. As partes non válidas deben ser claramente anuladas.

60
Proba mixta A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 C8 Será necesarío superar as probas de control individualizadas e plantexadas polo profesorado ao longo do curso académico, sen previo aviso da realización das mesmas. Estas probas de control poderán ser tanto teóricas como prácticas.
15
 
Observacións avaliación
CRITERIOS DE AVALIACIÓN

O aprobado establécese en cinco puntos sobre dez posibles, de acordo co seguinte desglose (igual para a 1ª e 2ª oportunidade):

- Proba teórica de resposta múltiple: 2 puntos.
- Proba práctica obxectiva: 6 puntos.
- Nota de curso: traballos tutelados 0,5 puntos; probas mixtas 1,5 puntos.

a) Primeira oportunidade: para presentarse a esta convocatoria, o/a alumno/a debe cumplir as seguintes condicións:
-Ter asistido polo menos a un 80% do total das clases da asignatura.
-Ter obtido polo menos 1 punto (sobre 2) da nota de curso (traballos tutelados + probas mixtas).

b) Segunda oportunidade: estará aberta á totalidade do alumnado matriculado na materia, independentemente do seu porcentaxe de asistencia e independentemente de que alcanzara ou non a nota mínima de curso. Manténse o desglose de cualificación indicado.

Durante o desenrolo do cuestionario teórico non se permitirá material de ningún tipo, más aló dun bolígrafo. Para a realización da parte práctica usarase formulario, calculadora e material de escritura e debuxo. O examen é individual. O incumplimento deste requisito implicará a expulsión e a aplicación da normativa vixente. Os teléfonos móviles, smart watch, o calquera outro medio de almacenamento, fotografía, intercambio ou acceso á información están terminantemente prohibidos. Todos estes dispositivos deberán permanecer apagados e fora das mesas. A realización de fotografías do examen, durante a celebración do mesmo, suporá a expulsión.

A publicación das notas realizarase dentro dos plazos legalmente establecidos. No listado de notas figurará o día e a hora da revisión de exámenes, que se realizará dentro dos plazos fixados pola Normativa Académica de Evaluacións, Cualificacións e Reclamacións.

CRITERIOS DE CORRECCIÓN

Os criterios de corrección adecúanse aos derivados da realidade profesional. Como criterio xeral, os errores conceptuais valoraranse en función de súa gravedade, podendo chegar a anular o exercicio. Tamén resulta relevante a comisión dun error numérico, dado que o exercicio profesional busca resultados concretos. Neste aspecto, sinálase que unha equivocación de signo significa un error do 200%.

CONDICIONS PARA O ALUMNADO CON MATRÍCULA NA MODALIDADE DE TEMPO PARCIAL

O alumnado matriculado na modalidade a tempo parcial (que así o demostre, previa presentación do resgardo de matrícula ou da resolución do centro de concesión de tal condición) poderá presentarse ás dúas oportunidades, quedando eximido do cumplimento do mínimo de asistencia a clase e do mínimo da nota de curso. Nestes casos, o examen será o único elemento evaluable, puntuando de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 5 puntos para superar a asignatura.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes