Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Historia da Arte
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia da Arte Código 630G02015
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Louzao Martinez, Francisco Xabier
Correo electrónico
x.louzao@udc.es
Profesorado
López Salas, Estefanía
Louzao Martinez, Francisco Xabier
Pérez Sanchez, Yolanda
Correo electrónico
estefania.lsalas@udc.es
x.louzao@udc.es
yolanda.perez@udc.es
Web http://https://dpauc.udc.es/
Descrición xeral A Historia da Arte en todos os estudos de Arquitectura, sempre foi un paréntesis e unha contribución complementaria ao exercicio de formación do proxecto do alumnado. A historiografía da arte é unha ciencia multidisciplinar que busca un estudo obxectivo da arte, a través da historia, clasifica as culturas, establece periodoloxías e observa as súas características e influencias distintivas. Con iso, buscamos coñecer os aspectos básicos que caracterizan os diferentes períodos e manifestacións artísticas e poder valorar, con máis precisión, as obras que aínda se conservan hoxe en día. Apreciar mellor o seu valor artístico e sociocultural, a influencia que tiveron nas etapas posteriores da historia e na nosa visión do mundo actual.
Plan de continxencia Caso de producirse circunstancias excepcionais motivadas pola pandemia Covid 19, que impidan a docencia presencial prevista, plantéxase o paso basado no soporte TIC proporcionado pola universidade. l1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. En caso de continxencia adoptaránse as medidas necesarias para garantir a calidade da ensinanza e a integridade dos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Sesión maxistral. -Traballos tutelados. -Presentación oral. -Proba obxectiva. -Atención personalizada. Mantense o conxunto de metodoloxías empregadas, pasando a desenvolverse de xeito non presencial, total ou parcialmente. *Metodoloxías docentes que se modifican En caso de que as limitacións espaciais motivadas polas medidas de prevención e saúde, ou outros condicionantes relacionados coa pandemia, imposibiliten levar a cabo de forma presencial algunha das metodoloxías descritas, estas realizaránse de acordo ó establecido no plan de continxencia. Non está prevista a modificación das metodoloxías docentes. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Utilizaránse as plataformas de atención personalizada postas a disposición pola universidade. -Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos. -Moodle: Diariamente. Disponse de un foro da materia para facer consultas. Servirá para deixar o material das presentacións, entregando os traballos tanto individuais como grupais. Poderanse descargar os power point dos temas. -Teams. As tutorías realizaránse a través desta plataforma. A temporalización será a establecida según o calendario e horario académico fixados polo centro ó inicio do curso. 4. Modificacións na avaliación No caso da imposibilidade de levar a cabo a proba escrita de xeito presencial, esta verase sustituida por un exame que será realizado on line a través de Teams, consistente nunha proba tipo test, composta de 20 preguntas, para a que se dará un prazo de tempo de 10 minutos. Esta proba valorarase co 60%, quedando o 40% restante para os traballos. Suprimiránse aqueles criterios que impliquen asistencia e presencialidade. Mantéñense os criterios de avaliación. Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas poderánse prever solucións alternativas personalizadas. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. Lembrar que a proba da oportunidade de xullo estaría sometida ós mesmos criterios que a de xaneiro. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ademásis dos power point que se poden descargar a través de moodle, incluimos unhas referencias de bibliografía on line, que se pode obter a través da biblioteca da udc: https://ellibro-net.accedys.udc.es/lcbibliotecaudc titulos, seguido dos nº 37909, 111046, 49344, 39504, 94685, 106061, 34639, 48546, 36384, 36396, 36397, 36398 e 36400.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes