Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A34 A39 A42 A45 A51 A53 A55 A56 A57 A58 B1 B3 C3 C6 C8 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, dispoñible e accesible a través das plataformas docentes oficias que se establezan (Campus Virtual - Teams UDC).

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
85
Proba obxectiva B1 B2 Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva do curso serán avaliados mediante unha proba oxectiva. 10
Eventos científicos e/ou divulgativos A34 A42 A51 A53 A55 A57 B5 B6 B12 C1 C4 C7 C8 A asistencia a eventos culturais e a participación en exposicións e/ou publicacións indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, poderán pasar a formar parte dos contidos da docencia expositiva, e conformar así unha parte da avaliación do alumnado.

5
 
Observacións avaliación

Para
poder superar a materia será necesario cumprir Cos seguintes requisitos: 


Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados na
materia. 


Asistir regularmente a clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do
80% 

Terá
a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes
circunstancias: 


Non cumpra a asistencia esixida ás clases e ao Taller. 


Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue
incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a
documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller. 


Non asista á proba obxectiva.

NOTA: PARA
PODER SUPERAR A ASIGNATURA, ESIXIRASE AS SEGUINTES CUALIFICACIÓNS
MÍNIMAS: 3 PUNTOS NA PROBA OBXECTIVA E 4 PUNTOS EN CADA UN DOS TRABALLOS
QUE COMPUTAN NA EVALUACIÓN,  

-
De acordo co establecido na memoria do Título de Grao en Estudos de
Arquitectura, convocarase unha Xunta de Avaliación do Taller, que analizará os
resultados globais do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre casos puntuais de
avaliación do alumnado. 

-
De acordo co establecido na memoria do Título de Grao en Estudos de
Arquitectura, os alumnos que non superen nas dúas oportunidades de cada
convocatoria a materia de Proxectos deberán asistir ao Taller do ano seguinte.
As probas das diferentes oportunidades permitirán aos alumnos completar e
modificar total ou parcialmente os traballos presentados no Taller, para poder
así superar a asignatura.

TEMPO PARCIAL. Medidas de adicación para o alumnado a tempo parcial: non se contemplan, debido a que se trata dunha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental.

Dispensa académica de
exención de asistencia. Non se contempla, por ser unha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental.

PLAXIO. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes