Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Análise Arquitectónico 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A40 C1 C2 C5 C6 C7 C8 As discusións dirixidas poñerán en evidencia a solidez dos coñecementos do estudiante e dos mecanismos visuais de comunciación das súas ideas. 5
Presentación oral B3 B4 C1 C2 Sendo unha materia eminentemente práctica, as presentacións orais que os estudiantes realizan constitúen o mellor xeito de valorar o dominio dos coñecementos e técnicas que son o obxectivo da materia. 10
Saídas de campo A40 B12 C4 C6 C7 C8 Procurase realizar viaxes de estudos que axuden ao coñecemento das obras obxecto de análise ou relacionadas. 2
Sesión maxistral A40 A48 A64 B6 B7 C5 C8 Os contidos das sesións teóricas son fundamentais para coñecer as técnicas e obxectivos de análise que logo serán empregados no desenvolvemento do traballo. 10
Eventos científicos e/ou divulgativos B3 B6 B7 B12 C6 C7 Para afondar no coñecemento de aspectos especializados, relacionados coa materia que poidan aportar novos datos sobre os aspectos xerais do curso. 3
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A40 A64 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 O obradoiro é o ámbito de síntese da materia. Aqui se evidencian simultaneamente o desenvolvemento intelectual do estudiante, o coñecemento dos obxectivos do curso, o dominio da materia tratada e o dos recurso comunicativos propios do arquitecto. 30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A40 A63 B1 B5 B12 O obxectivo da materia é adestrar ao estudante na análise da arquitectura e na organización de fontes de información para casos de estudo reais.
Todo esto é estruturado nun Traballo Tutelado, que haberá de realizarse ao longo do período docente de acordo cunha metodoloxía científica, acompasándose aos coñecementos teóricos impartidos polo profesorado. Producirase un documento final no que tódolos seus contidos se expresen con estratexias comunicativas avanzadas, propias dos profesionais da arquitectura.
40
 
Observacións avaliación

O alumno debe asistir as sesións maxistrais e presentar os
traballos gráficos, maquetas e demais elementos propostos nos obradoiros co
nivel exisido de calidade para superar a asignatura.

A asistencia e obrigatoria alo
menos nun 80% das clases teóricas e prácticas, así como a os obradoiros
compartidos. Sin ese requisito o alumno non poderá aprobar por curso a
asignatura. Para superar a materia o alumno dispoñerá de dúas oportunidades: xuño e
xullo. A primeira coincide coa data de entrega do último traballo, e capacitará
ao alumno para aprobar por curso. O alumno que non supere esta primeira
oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá nunha proba
práctica no mes de xullo.

Entregar menos do 80% das
prácticas acredita que non se seguiu o curso e implica unha calificación de
"Non Presentado" nas dúas oportunidades de avaliación, por tanto o
alumno terá que repetir a asignatura por completo.

Os estudantes matriculados con posterioridade ao inicio do curso
académico deberán asistir ás clases teóricas e prácticas dende a data da
súa matrícula, coa posibilidade de recuperación das prácticas realizadas
até a data.

MOBILIDADE: A docencia a alumnos de programas de mobilidade,
poderá adaptarase a condicións pedagóxicas e a traballos tutelados especiais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes