Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Análise Arquitectónico 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A40 A48 A64 B6 B7 C5 C8 Os contidos das sesións teóricas son fundamentais para coñecer as técnicas e obxectivos de análise que logo serán empregados no desenvolvemento do traballo. 5
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A40 A64 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C7 O obradoiro é o ámbito de síntese da materia. Aqui se evidencian simultaneamente o desenvolvemento intelectual do estudiante, o coñecemento dos obxectivos do curso, o dominio da materia tratada e o dos recurso comunicativos propios do arquitecto. 15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A40 A63 B1 B5 B12 O obxectivo da materia é adestrar ao estudante na análise da arquitectura e na xestión de fontes de información aplicadas a supostos reais.
Todo iso é estruturado nun Traballo Tutelado, que haberá de realizarse ao longo do período docente de acordo cunha metodoloxía científica, compasándose aos coñecementos teóricos impartidos polo profesorado. Producirase un documento final onde todos os seus contidos exprésense con estratexias comunicativas avanzadas, propias dos profesionais da arquitectura.


45
Prácticas a través de TIC A1 A2 A3 A4 B4 B5 C3 C6 Desenvolveranse prácticas que demostren destrezas no manexo das ferramentas dixitais expostas durante as clases. 15
Proba obxectiva A63 Exporanse probas de control específicas para xustificar os coñecementos adquiridos durante o curso.
20
 
Observacións avaliación

1. Asistencia. O alumnado debe asistir ás sesións maxistrais e presentar os traballos gráficos, maquetas, etc. propostos, co nivel de calidade esixido para superar a materia.

A asistencia é obligatoria polo menos nun 80% ás clases teóricas e prácticas, así como aos talleres compartidos. Sen ese requisito, ningún estudante poderá aprobar por curso a asignatura. 

A entrega de menos do 100% das prácticas, no seu prazo, significará que o curso non foi seguido e unha nota de "Non presentado" na primeira oportunidade. 
Para poder presentarse á segunda oportunidade o alumnado deberá ter entregado o 100% das prácticas do curso debidamente tuteladas, tamén poderá ter que que realizar outro traballo adicional.

2. Matrícula tardía. O alumnado matriculado con posterioridade ao comezo do curso académico, deberá asistir ás clases teóricas e prácticas desde a data da súa matrícula, coa posibilidade de recuperación das prácticas realizadas ata esa data.

3. Oportunidades. Para superar a materia, o alumno disporá de dúas oportunidades: xuño e xullo. Quen non supere a primeira oportunidade poderá presentarse á segunda. En ambos os casos trátase de probas gráficas prácticas.

4. Mobilidade. A docencia ao alumnado procedente de programas de mobilidade, remitirase a condicións pedagóxicas, lingüísticas e de calendario específicas e á realización de traballos tutelados especiais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes