Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Análise Arquitectónico 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A40 A64 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C7 O obradoiro é o ámbito de síntese da materia. Aqui se evidencian simultaneamente o desenvolvemento intelectual do estudiante, o coñecemento dos obxectivos do curso, o dominio da materia tratada e o dos recurso comunicativos propios do arquitecto. 15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A40 A63 B1 B5 B12 O obxectivo da materia é adestrar ao estudante na análise da arquitectura e na xestión de fontes de información aplicadas a supostos reais.

Todo iso é estruturado nun Traballo Tutelado, que haberá de realizarse ao longo do período docente de acordo cunha metodoloxía científica, compasándose aos coñecementos teóricos impartidos polo profesorado. Producirase un documento final onde todos os seus contidos exprésense con estratexias comunicativas avanzadas, propias dos profesionais da arquitectura.

Desenvolveranse prácticas que demostren destrezas no manexo das ferramentas dixitais expostas durante as clases.


65
Proba obxectiva A63 C6 Exporanse probas de control específicas para xustificar os coñecementos adquiridos durante o curso.
20
 
Observacións avaliación

1. Asistencia
O alumnado debe asistir ás clases expositivas, actividades recomendadas, e presentar as obras gráficas, maquetas, etc. propostas nos talleres, co nivel de calidade requirido para superar a materia.

A asistencia é obrigatoria ao 80%, así como aos talleres compartidos. Sen este requisito, ningún estudante poderá aprobar a materia por curso. A entrega de menos do 100% das prácticas, no seu prazo, significará que o curso non foi seguido e unha nota de "Non presentado" na primeira oportunidade. 

2. Inscrición tardía 

O estudantado matriculados tralo inicio do curso, deberá asistir ás clases teóricas e prácticas desde a data de matrícula, coa posibilidade de recuperación das prácticas realizadas ata esa data.

3. Oportunidades

Para superar a materia o estudantado terá dúas oportunidades: xaneiro e xullo. Quen non pase a primeira oportunidade pode presentarse á segunda. En ambos os casos deberá realizar unha proba obxectiva.

Para poder presentarse á segunda oportunidade o alumnado deberá entregar o 100% das prácticas do curso debidamente tuteladas. No caso de non ter aprobado os traballos tutelados na 1ª oportunidade, os mesmos poderánse mellorar, ou no seu caso realizar outro traballo adicional, dacordo coas indicacións do profesorado.

4. Mobilidade

A docencia ao alumnado procedente de programas de mobilidade basearase en condicións pedagóxicas, lingüísticas e de programación específicas e na realización de traballos tutelados especiais.

*En caso de dispensa académica ou dedicación a tempo parcial, deberá poñerse en contacto co responsable do seu grupo nas primeiras semanas do curso para resolver o caso concreto. En calquera caso, deberase cumprir todo o relacionado coa entrega de tarefas e titorías.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes